Cartas al director

Chega outra vez, a "Santa Campaña"

 Como xa é costume, cando chegan as eleccións aos nosos políticos, sáenlle ideas para mellorar as nosas vidas “fantásticas”, (as maiorías son iso, pura fantasía), obviamente isto implica promesas e máis promesas, ás veces lémbranme as poxas que se fan nas lonxas de peixe, ás que uns anos da miña vida, dediqueime. Era ver ao vendedor/a, ofrecendo un produto do mar e segundo fóra, peixe, marisco, poñíalle un prezo de saída e así empezaba a poxa, pero claro alí non había trampa se non pagabas non comprabas.
Pola contra a clase política, polo xeral vende promesas neste caso, a pesar de que son conscientes de non poder cumprilas, e non pasa nada.
A miña pequena reflexión é, non debería de haber unha lei para castigar ou sancionar dalgunha forma aos que non cumpran as súas promesas? 
Unha idea podería ser facelos dimitir, ou sancionalos dalgún xeito, que non puidesen volver presentarse máis á eleccións, por exemplo; así moita xente que non vota faríao, seguro.
Estamos fartos de tantas mentiras, tanto da esquerda como da dereita, xa parecen todos iguais.