Cartas al director

A hibernación cara as cidades

En honor a todos aqueles maiores que fan qué as aldeas, e os seus produtos naturais, sigan existindo. 

Cando remata agosto, coa chegada de setembro e a reincorporación das persoas as súas tarefas cotiás, vense longas ringleiras de autos co maleteiro case tocando o chan (do ateigados de produtos da horta que levan para subsistir todo o inverno) nas entradas das grandes cidades, que agardan en inmensos colapsos que poden durar ate tres ou catro horas. Un verdadeiro sufrimento!
Desta maneira, as cidades volven a converterse nos centros de vida e de traballo, nos lugares de reunións e festexos entre amigos, onde predominan as risas e conversas entre amigos e as aglomeracións de xente;  esquecéndose, como cada ano, daqueles maiores que quedaron, rodeados de soidade e tristeza, agardando o seu regreso ás aldeas aló polo mes de decembro cando veñen para pasar os festexos de noite boa e máis levar cara as cidades os agasallos e a metade do porquiño, xa embolsado e cos chouriciños curados (que os da aldea levan cebando todo o ano). Unha verdadeira mágoa!
Como di un veciño meu, meus benqueridos amigos e amigas, isto é lei de vida. Entre tanto, eu penso e quero pensar que algún día, xa cando nós sexamos maiores, os nosos fillos non teñan a mesma consideración con nós; aínda que, como di un vello dito, “cada un aprende o que lle ensinan”.