Cartas al director

Canto á escola

Son unha mestra “de toda a vida”. Non me pregunten a idade porque xa saben vostedes que iso non se leva. Pero direilles, e co debido respecto:
Que organizar os centros educativos pode que sexa, agora despois da pandemia, un tanto complicado.
Que cuando organicen teñan en conta que en educación deben contar cos profesores. Pois pregúntenlles. Está claro que aparte da profesión, sabemos moito de resultados despois de aplicación de uns métodos ou otros.
Os segundos a terse en conta son os pais, pois pregúntenlles tamén. Os rapaces tamén son educados por eles. Non cabe esquencer ese punto. Teránse en conta, como non, os alumnos. E ¿como? Puis lles deixo un vello poema que o aclara:
Vamos á escola rapaz
Non te pares no camiño,
Nin enredes ao estar nela
Nin pintes monos nos libros.
Discurre, pensa e traballa,
E ten alerta os ouvidos
Para escoitar canto te ensina
O mestre, teu amigo.
¡Mira que voan os anos , e
En menos que das un brinco,
Veraste mozo xa feito,
E máis que nada sentindo
O que perdiche da escola.
Pola tua culpa, parviño
¡Pola túa culpa parviiiiño!