Cartas al director

Nome a Biblioteca Pública de Ourense

Leo no xornal "La Región" de Ourense, que por mor da estrea da nosa Biblioteca Pública; seica, moderna, cómoda, folgada e moi agarimosa; andase na percura de doar un nome a mesma.
Por o que, pregan as xentes ourensans, aporten nomes ou ideas axeitadas a tal fin.
Pois ben, con homildade, eu arriscome (denantes que algunha mediocridade política se adiante con algún outro esbardallo, pois de ésto xa de abondo aturamos); recunco, arriscome a suxerir dous nomes, pois coido que calquera de eles, son axeitados a tal finalidade.
O primeiro,con toda equidade, podería ser o de" Biblioteca Pública Marcelo Macias" ou o segundo, tamén de toda xustiza" B.P. Xeneración Nos" ou simpremente "B.P. Nos ", seus integrantes ben o merecen.
Como ourensán que son, vexo de obrigado cumprimento achegar meu miudo grau de area, sabendo que Ourense ten persoaxes con máis peso a sabedoria,que sen dúbida, atinarán co máis axeitado e merecente nome.