Cartas al director

OS DONATIVOS

Os sábados na sesta cadea da televisión, os palicantes ou tertulianos, por o que se ve todos iles xornalistas, baixo a batuta de un presentador exercendo tamén de moderador, amosan seu xuizo encol dos aquecementos en política e outros acescidos o longo da semán. En iste fatode xornalistas, tópase o que siga este programa, con todas a cras e variedades de saberes, algúns intelixentes, listos outros, cuco, listillos, medianeiros, afervoados raiando na histeria, non falta o badoco, destacable sempre, por seu nariz de clarinete de aldea, o molexas, e tamén,como non, o “jumento” de turno.
Ben este sábado, dispois das consabidas liortas e pareceres de istes tertulianos, o moderador, sempre incapaz de esconder a color de seu plumero, afastouse de eles e mantivo unha audencia con D. José Bono, con convidado de ise día.
A parola,  virou caseque toda ella sobor da política do partido socialista e maoermente o redor do Presidente Pedro Sánchez, tivo algunha contradición, pero o que si deixou claro, despois de moito rebiricoque, que iste Presidente con tal de selo, pacta, se fai falla co Demo, cousa que por ser vello, penso eu, sabe bastante mais que o Pablo Iglesias; matíneo ben D. Pedro, para a pena. Pero o que moi de veras me chamou a atención, iste é o “lei motiv” de esta misiva, fo cando o Presentador lle preguntou, porque en adiante vai deixar de poñer a cruz na casiña que ten a igrexa, na declaración da renda.
A conversa mais ou menos foi así. O presentador Sr. Bono parece ser que lo recaudado en esa casilla, la Iglesia, o la Conferencia Episcopal, viene destinando a Canal 13 un 30 ou un 40 por cento do seu total, ¿es eso lo que mueve a Vd. a no volver poner la X? O Señor Bono contestoulle “efectivamente así es y como eso no me parece de recibo, en lo sucesivo no volveré ponerla”.
Me querido Sr. Bono, vostede confunde o cú coas catro témporas, a ver si me entende, as esmolas que a xente da a Cáritas, San Lázaro, Virxe do Camen, Anemas do Purgatorio, e moitos mais, incluso para un Guardia Municipal sevillano que eu coñezo que se chama Isidoro; repito estas esmolas, da contia que sexan, deixanas nos petos das igrexas, deixando e confiando na boa fe e criterio do Abade.
Así que, sexa Conferencia Episcopal, Abade ou Papa, si estes espasallan, mal uso, pois denunciase, afeaselle, repréndese, etc.pero porque teñen que deixar de exercitar tal piedade, se espallan mal as esmolas, alá eles e a sua conciencia, pero que culpa ten o Santo, para quen vai a esmola, e que culpa teñen tantos e tantas sen emprego que teñen que acudir aos comedores de Cáritas.
Relembro aquel que, de cotío na cortadoría, mercaba un quilo de carne, e apoutaba outro medio quilo para un miseirento; un bon día viu que o carniceiro deballe o paquete a un home negro; conque se encarou co carniceiro dicíndolle: “a un negro, carallo, acabouse non volvo mercar nin cen gramos”. Sr. Bono, sabe vostede o que pasou, pois que morreu de fame o miseirento e tras él o negro. Decátase.
De calqueira xeito, moi sinxelamente e co corazón na man, folgome de que salira ben da sua enfermidade, encanto o contido de leite aceda que posuia a pregunta do presentador, vd. non ten culpa.