Xornal Escolar

Soutomaior entrega máis de corenta distincións na súa gala

maddep4
photo_camera O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, foi o encargado de entregar un gran número de galardóns durante a xornada ante un auditorio totalmente cheo.
O municipio vive unha xornada de deporte e emocións nun Multiusos de Arcade cheo 
O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a terceira gala do deporte de Soutomaior.Nesta edición entregáronse un total de 42 dístincións en catro categorías nun recinto completamente cheo. 
A xornada resultou especialmente emotiva e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, estivo encargado de entregar os galardóns axudado por Javier Nogueira, vicepresidente da Ufedega, e de Daniel Benavides, da Xunta de Galicia. 
Como sucedeu nas edicións anteriores da gala, o momento de maior emoción chegou co recoñecemento ás 'leyendas' do deporte. Todas son persoas por enriba dos 70 anos. No capítulo de baloncesto recibiron unha homenaxe Waldo Soto, Félix Tomás Parra, Alberto Parra, Santiago Reinoso e Manuel Lorenzo. En fútbol foron recoñecidos Antonio Vidal, José Luis Argibay, Francisco Abal e Amadeo Cal. No referente á actualidade, os deportistas galardoados foron Mateo Sobral (fútbol), Antonio Palmás (piragüismo), Mirian Martínez (fútbol), Jonathan Álvarez (automobilismo), Sabela Lourenzo (patinaxe), Mónica Alarcón (ciclismo), Brais Lorenzo (motociclismo), Jacobo Santoro (tiro con arco), Pablo Puentes (esquí náutico), Lucía Muíños (esquí náutico), Andrea Vilas (esquí náutico), Mara Ricón (kick boxing), Verónica Álvarez (kick boxing), Daniela Álvarez (piragüismo), Lucía Cima (ximnasia acrobática), Aldara Cabaleiro (ximnasio acrobática), Daniel Álvarez (atletismo), Mateo Crespo (halterofilia). No apartado de clubs foron premiados 600 Arcade, Veteranos Verduxo, o equipo xuvenil do Arcade, Tenis and Pádel Soutomaior, C.D. Soutomaior e Patinaxe Artística Soutomaior. 
No capítulo de dirixentes recibiron un galardón Antero Pazos, Joaquín Soto, Abel Vidal e Daniel Álvarez, do Arcade, e Luis Amoedo, Daniel Lorenzo e Francisco Bouz Boullosa, do Soutomaior. Tamén recoñecéronso ós 30 anos ó fronte do Náutico de Arcade de Adolfo Seoane.n

Te puede interesar