Xornal escolar

Pontevedra alcanza los 150 centros plurilingües

Ás seccións bilingües, aumentan en 296 ata chegar ás 4.441, un 7% máis con respecto ao curso pasado.
photo_camera Ás seccións bilingües, aumentan en 296 ata chegar ás 4.441, un 7% máis con respecto ao curso pasado.

Dentro do desenvolvemento de Edulingüe, 27 centros pontevedreses incorporan ou amplían o plurilingüismo a  Educación Infantil, Bacharelato e catro fano en Formación Profesional.
 

O curso 2018/19 comeza cun total de 150 centros plurilingües na provincia de Pontevedra, 30 máis que o curso pasado, o que a converte na provincia con máis centros con este sistema. Este incremento do modelo plurilingüe –que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira– tamén se deixa notar nas diferentes etapas, posto que cómpre lembrar que, desde o curso pasado e grazas á posta en marcha da estratexia Edulingüe 2020, a Consellería ampliou o ensino plurilingüe a infantil, bacharelato e formación profesional (antes só existía na educación obrigatoria). 
Deste xeito, 27 centros pontevedreses (4 por primeira vez no plurilingüismo) contarán con plurilingüismo en Infantil –denominado Plurinfantil–. No caso de bacharelato haberá 1 centro Pluribach, e en canto á Formación Profesional, 9 centros serán PluriFP (4 deles completamente novos no modelo plurilingüe). 
Ademais da extensión progresiva a Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e FP (PluriFP), este modelo segue consolidándose na etapa obrigatoria, á que se suman un total de 22 novos centros pontevedreses. En total, e sumando estes últimos así como os que se incorporan novos nas diferentes etapas (4+4), o conxunto de centros plurilingües na provincia ascende a 150. sí mesmo, Pontevedra suma 134 novas seccións bilingües. Toda a información pode consultarse na páxina web da Consellería https://www.edu.xunta.gal/portal/. 385 en toda Galicia 
A nivel Galicia, este curso haberá 385 centros plurilingües, 63 máis que o ano pasado. Isto significa multiplicar por máis de 6,5 os 58 centros que había no curso 2010/11, cando se comezou con este sistema. Ademais, 142 centros contarán con plurilingüismo en Infantil –denominado Plurinfantil–, 59 máis que o ano pasado. No caso de bacharelato, haberá 8 centros Pluribach ao sumarse 4 novos con respecto ao curso 2017/18. E en canto á Formación Profesional, 15 novos centros, un 214% máis que o curso pasado, serán recoñecidos como PluriFP. Deste xeito, o plurilingüismo na FP chegará a 22 centros, tendo en conta os 7 centros do 2017/18. 
En canto ás seccións bilingües, aumentan en 296 ata chegar ás 4.441, un 7% máis con respecto ao curso pasado. En canto ás linguas estranxeiras das novas seccións, 291 son de inglés, 4  de francés e 1 de portugués. 
Se se teñen en conta os datos do curso 2008/09, no que había 720 seccións, a actual cifra multiplica por case 6,2 este número.

A maiores, os centros educativos contarán cun total de 617 auxiliares de conversación, fronte aos 550 que había no curso 2017/18. Cómpre resaltar que a figura do auxiliar de conversa é un elemento clave para achegar a realidade cultural e lingüística do país de orixe ao alumnado galego. Levan a cabo un importante servizo complementario, ao apoiaren o labor do profesorado, facilitando prácticas de conversa en linguas estranxeiras; e representan un vehículo de achegamento á cultura dos países onde se fala a lingua obxecto de estudo.

Te puede interesar