xornal escolar

O IES Valadares, volcado coa inclusión e a innovación educativa

Premio PFPP 2018 para o profesorado do IES Valadares.
photo_camera Premio PFPP 2018 para o profesorado do IES Valadares.
No centro educativo vigués as novas medidas recollen a docencia compartida, os proxectos integrados de centro,  as materias cuadrimestrais, e tamén  apostan polo traballo cooperativo na Educación Secundaria.

Nas aforas de Vigo, situado nunha zona privilexiada paisaxisticamente, está o IES Valadares, un centro público ben situado no barrio da Sobreira, na parroquia de Valadares, un lugar moi ben comunicado por estar moi preto do Parque Tecnolóxico de Valadares, a Universidade de Vigo e o novo hospital Álvaro Cunqueiro. Ofrece servizo escolar a uns 350 alumnos, fundamentalmente das parroquias de Valadares, Zamáns, Matamá, Castrelos e Navia. As instalacións do propio centro están en plena natureza, rodeados dunha vexetación que axuda no labor didáctico de concienciación medioambiental entre os rapaces. Ao IES Valadares preocúpase de que o paso entre a Primaria e a Secundaria sexa o máis doado posible para os  alumnos e para as familias. Con este fin manteñen unha estreita relación cos centros de Educación Primaria que teñen adscritos e preparan charlas nos colexios para explicar ás familias o funcionamento do centro e da ESO en xeral. Visitan as aulas de 6º e manteñen charlas cos futuros alumnos, invitando ao alumnado deses colexios a celebracións especiais, Día da Paz e Día do Libro ou Semana Cultural das Ciencias e Letrasm para que vaian coñecendo o instituto antes de vir estudar nel. Teñen unha xornada cos alumnos de 6º a final de curso de portas abertas con exposicións e obradoiros e unha visita guiada polo centro para as familias.

ANPA

O IES Valadares pensa que a colaboración das familias é fundamental na vida do instituto. Na actualidade colabora na recadación de fondos para a viaxe de fin de curso de 4º e nos intercambios que cando é posible se realizan con Francia. Tamén colabora na organización das actividades dos luns ao mediodía: biblioteca para lectura e estudo, Obradoiro de Inglés coa profesora nativa e Obradoiro de Portugués, Club de Ciencias, Club de Matemáticas avanzadas e Club de Reporteiros/as.
Novas tecnoloxías

Contan con 8 aulas Abalar para 1º e 2º da ESO, nas que todo o alumnado destes cursos dispón dun portátil para cada un. Dúas aulas de Informática, ademais de que todas as aulas dispoñen de ordenador, encerado dixital e canón de proxección, complementan a oferta tecnolóxica do instituto. Dan moita importancia á creación de materiais para a aula virtual; e a aprendizaxe da procura de información na biblioteca e na web, con novas ferramentas, como o uso das tablets.

Premios

Como consecuencia desta intensa rede de actividades, promovida dende os distintos departamentos e responsables do centro, os alumnos no instituto participan habitualmente en concursos e certames de todo tipo de disciplinas. Froito dos seus esforzos e dos orgullosos profesores que os dirixen, son os numerosos premios acadados, para o que poñemos como mostra doutros anos: Premios na Competición de Robótica organizada pola Escola Superior de Exeñeiros Industriais (Uvigo) e  Premios no Concurso contra a Violencia de Xénero na modalidade de Debuxo e Relato, Subdelegación do Goberno, premio polo Proxecto de Formación Permanente do Profesorado, Premio de traballos por proxectos de Educación. Tamén premios como o Big Challenge, en inglés e o Canguro Matemático. Uns premios especiais no centro son os Premios da ESO ao Esforzo e a Superación Persoal nos que acadamos varios premios nos últimos anos, este mesmo curso teñen tres alumnos/as do centro nominados de entre os 20 totais de toda Galicia. Ningún destes premios  é produto da casualidade. Detrás deles están os esforzos e os intereses dos alumnos, alentados polo equipo de profesores que intentan facer deles persoas comprometidas co reto de buscar un bo futuro, sen esquecer a integración na sociedade en que viven. É por iso que no instituto, como microsociedade, intentan que participen na vida en común, sen discriminacións de ningún tipo.

Profesorado

O IES Valadares entenden que unha ensinanza actualizada esixe unha constante formación e actualización do profesorado. O IES está integrado nun PFPP, Plan de formación permanente do profesorado. As liñas de traballo son: traballo cooperativo, plan integrado de linguas, ensinanzas STEM  e prácticas restaurativas. É esta unha peza clave no funcionamento e no éxito do centro, pois os numerosos premios e mencións acadados non son máis que o reflexo do traballo que realiza o equipo docente para aplicar no seu día a día as mellores estratexias para mellorar a calidade do ensino.

Te puede interesar