Atlántico

XORNAL ESCOLAR

A FP amosará os seus proxectos en Innova Galicia 2019

Neste congreso, que se celebra dende hoxe  en Santiago  de Compostela, agárdase ademais a visita de ao redor de 6.000 alumnos de diferentes centros educativos galegos que queren coñecer a formación profesional do futuro na comunidade.

Un ano máis, o evento convértese no escenario idóneo para que máis de 8000 alumnas e alumnos, docentes e profesionais intercambien experiencias e coñecementos.
Un ano máis, o evento convértese no escenario idóneo para que máis de 8000 alumnas e alumnos, docentes e profesionais intercambien experiencias e coñecementos.
A FP amosará os seus proxectos en Innova Galicia 2019

A formación profesional galega amosará os seus proxectos innovadores e de emprendemento na cuarta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2019. Un ano máis, o evento convértese no escenario idóneo para que máis de 8000 alumnas e alumnos, docentes e profesionais intercambien experiencias e coñecementos. O congreso é, ademais, un escaparate único para que os 6000 estudantes que está previsto que o visiten cos seus centros educativos coñezan de primeira man o funcionamento da FP na nosa comunidade.
FP Innova Galicia 2019 desenvolverase dende hoxe ata o 10 de maio no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O congreso contará cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do
Museo Centro Gaiás, na que as persoas asistentes poderán coñecer a investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 36 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
Nesta edición haberá un espazo dedicado á simulación virtual con tres simuladores: un simulador virtual de vernizado específico para madeira e moble, un simulador de procesador forestal e un simulador de voo.
Así mesmo, haberá unha mostra de 18 miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas operativos no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, e que representa a innovación ligada ao emprendemento.
Por outra banda, os participantes no congreso poderán tomar parte nos 19 obradoiros diferentes ofertados polos centros educativos, nos que poderán experimentar coa robótica aplicada, deseño e impresión 3D, vehículos non tripulados, electrónica, imaxe persoal, artes gráficas, téxtil, repostaría, técnicas culinarias ou coctalaría. Nestes obradoiros poderán participar máis de 1.300 persoas.
O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. 
Os centros que desexen organizar unha visita para alumnado e profesorado deberán cubrir unha solicitude de inscrición, segundo as instrucións que recibiron por correo electrónico.
Congreso
Ademais da zona expositiva e de obradoiros e simuladores, FP Innova Galicia 2019 contará coa celebración dun Congreso especializado días 8 e 9 de maio. 
Nel abordaranse cuestións como a incidencia da tecnoloxía 5 G na actividade produtiva a relación das mulleres coas áreas STEM, a formación e emprego xuvenil en turismo, a necesidade de cualificación para o traballo no mar, as novas tecnoloxías no sector marítimo-pesqueiro ou o reto da FP na automatización das industrias. Así mesmo, abordarase a expansión da modalidade da Formación profesional.
Dual.
Ademais de profesionais dos centros educativos galegos que imparten ciclos formativos, participarán como relatores neste congreso representantes