Xornal Escolar

Escola de Música en colaboración con el Centro Creativo Galego

Xornal Escolar

xornal escolar

Escola de Música en colaboración con el Centro Creativo Galego

Un centro educativo que ofrece formación de múltiples disciplinas artísticas como música, danza e artes plásticas e gráficas, que acaba de comezar a súa andaina no Colexio Labor de Vigo para todolos nenos e nenas vigueses.
 
O CCMUS ou Centro Creativo Musical é unha escola que funciona baixo o Centro Creativo Galego. O CCMUS ofrece formación de múltiples disciplinas artísticas como música, danza e artes plásticas e gráficas, e este ano comeza a súa andaina no Colexio Labor de Vigo. No Centro Creativo Musical actuase de forma diferente aos conservatorios oficiais, pois apostamos por un sistema innovador utilizado en Centro e Norte de Europa (Finlandia, Holanda...) que nos diferencia. Nun mesmo día de clase imparten instrumento, linguaxe musical e música de conxunto. Isto permite maximizar o tempo asistindo un único día a clase, obtendo mellores resultados cas as escolas oficiais de música e a aprendizaxe realízase de forma natural e divertida.   No CCMUS preparan aos alumnos para obter certificados de validez internacional, como é o da Royal School Music. Así mesmo, tamén os preparan para as probas de ingreso dos Conservatorios Oficiais de Música. Con este tipo de certificados os seus estudos serán aceptados en calquera país, elemento moi importante para a formación e a cualificación profesional. No Centro Creativo Musical imparten  todos os estilos de música fundamentais: Clásico, Jazz,  e Folk. Mención especial merece a nosa escola Rock! Que lanzan este ano e que apunta ser todo un boom... ¡Saca a Rock&Roll Star que levas dentro! Con clases de Guitarra Eléctrica, Baixo Eléctrico, Canto, Batería, Teclados e a dirección artística e musical de grupos. Ademais das aulas de instrumento, no CCMUS impartimos unha actividade especial para bebés, a Estimulación Sonora Temperá; unha actividade que consiste na realización de exercicios auditivos dirixidos a captar a atención do bebé, para desenvolver a súa psicomotricidade e capacidade auditiva. Estes exercicios axudan tamén a aumentar o sentido da música no bebé, elemento que será de grande axuda cando comece a tocar un instrumento. A Estimulación Sonora Temperá está recomendada para bebés de 0 a tres anos. 
Respecto á Danza Clásica (Ballet) ou Contemporánea, actuan do mesmo xeito e tamén preparamos os alumnos para os exames da  Royal School of Dancing, xa que continúa coa mesma filosofía de alcanzar certificados de carácter internacional. Ademais da danza, a escola ofrece tamén clases de Hip Hop, para os máis atrevidos a mover o esqueleto disfrutando da música máis actual e divertida. As danzas urbanas son tendencia, e é unha forma moi saudable de facer deporte, onde peques e maiores se divirten creando coreografías. 
As clases de Fotografía están dirixidas a afeccionados, tanto adultos coma nenos, sen coñecementos ou con coñecementos básicos. O obxectivo principal do curso é que o alumno poida expresarse mediante a captura de imaxes empregando unha cámara dixital réflex e a posterior edición nun ordenador. Os alumnos coñecen tamén a historia da fotografía, os autores e os seus diferentes xéneros, conseguindo así desenvolver o seu propio percorrido expresivo. 
 
Página 2 de 2 
 
As clases de Fotografía para nenos teñen moito éxito e os nenos superan expectativas, creando imaxes incribles e manexándose coma case calquera fotógrafo profesional.   Akademus: Escola de Artistas Akademus é unha actividade que vén cargada de imaxinación e creatividade, mesturando as artes e o teatro. En Akademus construímos unha máquina do tempo onde os nenos viaxan por todas as épocas e civilizacións da humanidade, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.  Mesturando o xogo coas Artes Plásticas, a Literatura, a Música e o Teatro descubrimos como se desenvolveron as diferentes culturas, os seus costumes, a linguaxe e a escritura. Unha vez situados no contexto histórico, experimentamos cos seus procesos creativos, as súas técnicas artísticas para comprender de primeira man a evolución da Historia da Arte. 
 
FILOSOFÍA DO CCMUS. Pero máis alá dos certificados e as cualificacións, o importante é que os alumnos se divirtan creando, xogando, tocando. O fundamental é a creatividade e que esa creatividade se transmita. É por iso que somos unha escola de artes. Somos artísticos e queremos que os alumnos se empapen da nosa filosofía facendo que todas as actividades sexan de carácter transversal. Todos os nosos alumnos saberán de primeira man como funcionan as demais disciplinas artísticas e así poden ter criterio propio para decidir e continuar creando… 
 
NO CENTRO CREATIVO MUSICAL - CCMUS:  Temos a matrícula aberta todo o ano.  Podes escoller o instrumento que queiras.  Non hai límite de prazas.  Clases personalizadas.  Iniciación ós instrumentos dende os catro anos.  Todas as actividades son para nenos e adultos.  A organización das clases e compatible co horario do alumnado. 
 
COLEXIO LABOR – CCMUS: Desde o Centro Creativo Musical queremos destacar a boa dispoñibilidade do Colexio Labor para realizar esta colaboración que ben seguro chegará a ter repercusións moi positivas, principalmente para o alumnado, que poderá acceder, desta maneira, a unha escola de música e artes integrada no propio colexio e na súa contorna. 
 
MATRICULATE  NA ESCOLA DE MÚSICA DO CCMUS: Información e matrículas na Secretaría do Colexio Labor. Telf do Ccmus: 644 737 480 Web: www.centrocreativomusical.com