xornal escolar

A EEIP Monte do Alba de Vigo, unha escola aberta e participativa

2020021409461066553
photo_camera A escola teñe numerosas actividades.
A EEI Plurilingüe Monte do Alba é unha escola aberta e participativa xa que pensan que a educación se enriquece coa colaboración das familias e outras entidades sociais.
Buscan tamén o intercambio e participación conxunta coas outras escolas da parroquia. As familias da escola sempre son benvidas e invitadas a participar a través dos equipos de teatro, preparando obras de fin de curso, Entroido , a horta, axudando aos nenos e nenas a plantar, limpar, recoller,  e de a biblioteca,  que se encarga da colocación dos libros, realizan contacontos, preparan deoracións temáticas, pero colaboran ao longo do curso en diversas actividades educativas, como os obradoiros artísticos de Samaín ou Nadal, lectura de poemas ou contos, actividades musicais, preparación de festas ou cumpreanos. Tamén acompañan nas saídas, ou propoñen e dirixen as súas propostas de actividades, receitas, manualidades. Colaboran coa Asociación Cultural e Veciñal, celebrando con eles o Maio, asisten a actividades da biblioteca, participamos nos programas de radio Vaadares no Día da Radio, e en tódalas outras propostas que nos ofertan. Participan coa Comunidade de Montes, na reforestación dos montes da contorna. Asisten aos concertos temáticos que realiza a Unión Musical de Valladares e colaboran co CEP Plurilingüe Igrexa Valadares en diferentes experiencias formativas, apadriñamento lector no Día do Libro, actividades conxuntas como a celebración do día do deporte na rúa, ou o día das bibliotecas escolares e outros eventos como o Maio ou o Entroido con percorridos pola parroquia, organizan a visita do alumnado de cinco anos a este centro de cara a súa escolarización en primaria, con acompañamento do alumnado de sexto, percorrido polo centro e intercambio de agasallos. Tamén participa con eles o CEP Plurilingüe Sobreira e IES Sobreira  seción de contacontos nunha ou dúas sesións de contacontos para celebrar o Día do libro.
Dende a Universidade de Vigo, profesorado da facultade de Química acode ó  centro a realizar experimentos científicos divertidos e estimulantes para o alumnado.
Dende o curso pasado teñen unha estreita e importante colaboración cos centros de día de persoas maiores da parroquia. Persoas do centro de Maiores do Parque tecnolóxico visítanos uha vez ó mes e realizan actividades conectadas co arte, a natureza e a horta, Nós visitan o centro de día D´Alba para pintar, cantar merendar. Todo estes proxecto ten como obxectivo a convivencia interxeneracional e o respecto e consideración dos maiores, aprendendo da súa experiencia e aceptando os seus tempos.
Son unha escola inclusiva, con alumnado con necesidades, e creen que un mundo máis xusto e igualitario, que respecta a diferencia, beneficia a todos. A escola traballa por proxectos educativos e cunha pedagoxía activa, dándolle especial importancia ós aspectos artísticos e creativos, cada curso escollemos un proxecto artístico diferente no que investigan unha disciplina do arte, instalacións, arte urbano, fotografía, ou un artista concreto xa sexan internacionais, Bordalo, o grupo Cobra, Calder, entre outros) como de proximidade como Teresa Irisarri, coa que colaboraron estritamente o curso pasado. A vida educativa do centro xira arredor do patio que tanto usan para expor obras, realizar actividades conxuntas en contacto coa natureza, como para gozar do sol deitados na herba, xogar coa choiva saltando as pozas, descubrir o paso do tempo e asestacións, descubrir e observar a fauna coa que compartimos este espazo composta de pequenos réptiles, arácnidos e insectos.
Apostan por unha educación democrática primando o consenso e respectando as diferenzas individuais, así actividades ou proxectos, son escollidas e realizadas coa colaboración de nenos e nenas, organizados por equipos de aprendizaxe, onde uns axudan aos outros; resolvendo os conflictos de xeito pacífico, a traverso da análise colectiva na asamblea cando se precisa, chegando a acordos entre partes, buscando a mediación da mestra ou dalgunha nena ou neno encargada desta función.
A filosofía, mediante proxecto “Aprender a pensar” axúdalles, a través de personaxes, contos, arte ou música a comprendernos mellor, a aceptarnos, a respectar aos demais, a convivir e compartir, a respectar o medio e tomar conciencia da nosa responsabilidade no coidado do planeta e das especies que nela habitan, en fin a entender a vida na súa diversidade. 
Todo isto enmarcado no ámbito da intelixencia emocional e desenvolvemento afectivo, para a comprensión das emocións propias e alleas utilizan  xogos, contos ou mascotas, educándo na autoestima e o coñecemento mútuo. Por todo isto apostan por un ambiente de tranquilidade onde as cousas suceden e desenvólvense coa lentitude e ao noso ritmo, o que les permite ser conscientes das aprendizaxes e descubrimentos. Neste mesmo sentido apoián  na Ioga como método de relaxación, autocoñecemento e meditación.
A persoaxe da biblioteca “A Fada do Alba” sempre está buscando actividades para achegar a lectura aos nenos e nenas da escola, ofertando sesións de contos para o Día da Infancia, Día da biblioteca escolar, Día dos dereitos dos nenos e nenas e outros eventos. 
Tamén organiza a Feira de intercambio de libros e as outras actividades que se celebran arredor do Dia do Libro”, ou o Día das Letras Galegas. A clase de inglés, tamén traballa por proxectos, está organizada, como o resto das aulas da escola, por recunchos. O inglés é a lingua qe se usa para comunicarse coa mestra de inglés e coa auxiliar de conversa tanto nesta aula nas horas asignadas coma en calquera outro espazo ou momento do día, recreo, apoio, etc

Te puede interesar