XORNAL ESCOLAR

Educación promove o espíritu científico nos colexios

O Club de Ciencia defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, 
onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumna para resolver problemas. 
 

Esta acción, que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, chega este curso a un total de 91 centros de toda Galicia.
Esta acción, que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020, chega este curso a un total de 91 centros de toda Galicia.
Educación promove o espíritu científico nos colexios

Un total de 28 centros educativos públicos da provincia de Pontevedra (19 máis que o curso pasado) desenvolverán durante o presentecurso 2017-18 o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.


Esta acción -que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020- chega este curso a un total de 91 centros de toda Galicia (44 centros da Coruña, 10 de Lugo, 9 de Ourense e 28 de Pontevedra), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26514.


Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.500 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar
resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.


Este é o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 en 2 centros de Pontevedra.


O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.


O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas. Neste sentido, a creación deste espazo no centro pode converterse nun escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.  O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2018/19. Esta acción enmárcase na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, con dous obxectivos principais que son lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica.