XORNAL ESCOLAR

Educación dobra o número de centros do programa Eduexchanges

Un incremento importante do número de centros que poderán participar no programa de intercambio de alumnado para centros cos de outros países da Unión Europea.
photo_camera Un incremento importante do número de centros que poderán participar no programa de intercambio de alumnado para centros cos de outros países da Unión Europea.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta ten programadas ata o ano 2021 obras en 13 centros
educativos da provincia de Pontevedra ao abeiro do desenvolvemento do Plan de Dotación e de Infraestructuras Educativas.
de Infraestruturas Educativas. 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dobra este ano o número de centros que poderán participar no programa de intercambio de alumnado para centros públicos cos de outros países da Unión Europea EduExchanges. O obxectivo desta iniciativa é que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras nun contexto de convivencia diaria nunha contorna familiar. A convocatoria está dirixida a alumnado que estea cursando 3º e 4º de ESO, e nela poden participar todos os centros de ensino públicos galegos que teñan desenvolvido algunha iniciativa deste tipo -ou teñan previsto facelo- entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019. O idioma de estudo obxecto do intercambio poder ser a primeira ou a segunda lingua estranxeira cursada polo alumno. 
Este ano poderán participar no programa un total de 30 centros educativos (fronte aos 15 da primeira edición, desenvolvida o curso pasado) e 600 alumnas e alumnos. Cada centro poderá seleccionar un máximo de 20 alumnos e alumnas candidatos e recibirá unha axuda económica da Consellería que será destinada a sufragar os gastos derivados do intercambio. Os centros seleccionados recibirán unha achega máxima de 7.000 euros.
Os centros educativos deberán ocuparse de todos os aspectos organizativos relacionados co intercambio, incluída a planificación das actividades educativas e extraescolares que consideren, baixo a supervisión dun docente que exercerá de coordinador. 
Pola súa banda, as familias do alumnado participante no proxecto comprométense a recibir na súa casa a un alumno doutro país e a responsabilizarse do seu aloxamento e manutención.  Esta iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020, Edulingüe, para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, e pretende fomentar a mobilidade entre o alumnado co fin de mellorar a súa competencia lingüística en linguas estranxeiras.
Mejoras en centros
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten programadas ata o ano 2021 obras en 13 centros educativos da provincia de Pontevedra ao abeiro do desenvolvemento do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas. O investimento previsto para estas actuacións ascende a preto de 15 millóns de euros.  O desenvolvemento do Plan de Infraestruturas Educativas ata o ano 2021 contempla a execución de 9 actuacións de obra nova (construción, ampliación e reformas importantes), na provincia, ás que se destinarán máis de 12,7 millóns de euros. Neste apartado cómpre salientar a construción do novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo), ademais das seguintes obras: Por outra banda, a Consellería continuará renovando as instalacións dos centros máis antigos para adecualas ás necesidades actuais. Neste sentido para o período 2019/20 están previstas 4 actuacións de rehabilitación enerxética na provincia.
, o que suporá un investimento de preto de 2,2 millóns de euros. En concreto, este ano realizaranse melloras no CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) e no CEIP Arealonga (Vilagarcía de Arousa), mentres que as de 2020 están aínda pendentes de programación. Estas obras consisten na mellora da cuberta, da carpintería exterior, falsos teitos, renovación de luminarias, illamento de fachada e traballos de pintura e de identidade corporativa.
 

Te puede interesar