Xornal escolar

Eduardo Pondal, ensinanza moderna, activa, creativa, global, multicultural e integradora

O centro participa co alumnado de 5º de Educación Primaria no  proxecto E-Dixgal.
photo_camera O centro participa co alumnado de 5º de Educación Primaria no  proxecto E-Dixgal.

O CEIP Eduardo Pondal parte da idea que se ten que formar persoas coas habilidades suficientes para enfrontarse aos retos que a propia sociedade vai a marcarlle. As imprescindibles  postas  en valor das novas tecnoloxías e métodos que compaxinen a innovación e a experiencia son patentes nos modelos de aprendizaxe. Entenden a educación como un proceso de desenvolvemento das capacidades de cada alumno e alumna, calqueira que estas sexan; por iso todos e todas teñen cabida, todos aportan e todos intercambian as súas experiencias e os seus descubrimentos, vivencias, inquietudes, interrogantes... por iso o método de aprendizaxe e activo e interactivo, cunha organización flexible da escola e das clases facendo do alumnado o auténtico protagonista do proceso de aprendizaxe. Por iso teñen como ideal no CEIP Eduardo Pondal unha ensinanza moderna, activa, creativa, globalizadora, plural, multicultural e integradora.
O centro pretende formar persoas que sexan críticas, tolerantes e solidarias. Educar as emocións por ser parte fundamental na formación da súa personalidade. Favorecer o ensino inclusivo. Respectar a individualidade, a diferencia, a creatividade. En definitiva a educación integral do alumno que desenvolva as súas potencialidades e que xunto coa promoción da educación permanente dos educadores e educadoras e a fluída e efectiva colaboración con todas as familias, dará como resultado unha educación cada día de máis calidade.
Obxetivos:
-Desenvolver no alumnado todas as súas potencialidades para que poida realizarse e desenvolverse con autonomía na vida cotiá, respectando as diferenzas e características individuais.
-Adaptar a función docente ás novas tecnoloxías, empregandoas como recurso didáctico mais
-Impulsar un proxecto que potencie a autonomía organizativa e curricular, potenciando a adquisición das competencias básicas, os valores e as actitudes que propicien o desenvolvemento integral dos alumnos, tanto na parte intelectual como na emocional
-Potenciar a relación e a participación dos pais na escola.
-Fomentar a educación en valores.
Proxectos e distincións
O proxecto educativo do Eduardo Pondal está focalizado no alumnado, traballando a prol do seu desenvolvemento integral, nun marco inclusivo e en función das súas características e necesidades, atendendo a aqueles e aquelas que teñan necesidades específicas de apoio educativo, traballando para mellorar a súa formación, os seus resultados académicos e colaborando na súa formación como cidadáns, entendendo a aprendizaxe do alumnado como un proceso de maduración cognitiva, afectiva e social. Asemade fomentan  unha convivencia harmoniosa baseada no respecto e apoio mutuo, a integración entre as diferentes etapas, favorecendo a formación permanente do profesorado, aproveitando os recursos dispoñibles no centro e na contorna, potenciando o uso e o coñecemento das novas tecnoloxías e das linguas, asemade da lectura e a formación de alumnado voluntario en actitudes solidarias e de compromiso co entorno e coa sociedade na que está integrado  a través da biblioteca de centro.
Buscan a mellora da calidade educativa a través da implementación na aula de estratexias metodolóxicas innovadoras e activas, aprendizaxe baseada en contextos de aprendizaxe, aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe baseada en xogos na aula, aprendizaxe por indagación, que poñen o foco na aprendizaxe por competencias, a partir de experiencias de aprendizaxe reais nas que se aplican de forma integrada, coñecementos, habilidades e actitudes.  O Departamento de Orientación contribúe ao logro do desenvolvemento persoal, social e académico do alumnado a través do traballo colaborativo de toda a comunidade educativa e en coordinación cos servizos educativos, sociais e culturais do entorno. As súas actuacións desenvólvense a través de dous ámbitos: o Plan de Acción Titorial, o Plan de atención á diversidade. Conscientes da importancia das linguas estranxeiras introduciron as Seccións Bilingües en Primaria, reforzando así a aprendizaxe da lingua dende distintos enfoques e actividades, favorecen o coñecemento da cultura anglosaxona. Trabállanse as 4 destrezas: listening, speaking, writing e reading, dándolle mais peso ás destrezas orais a través das actividades e impulsando a interacción entre o alumnado na lingua inglesa
Na aposta polas novas tecnoloxías, o Eduardo Pondal forma parte do programa de innovación educativa Introducción a  Robótica en Educación Primaria que supón ao centro a dotación de 6 robots Mbot coa finalidade de introducir o pensamento computacional e aproximar aos alumnos a realidade tecnolóxica dun xeito motivador. Por primeira vez o centro participa co alumnado de 5º de Educación Primaria no  proxecto E-Dixgal que favorece o desenvolvemento de proxectos integrais de educación dixital onde o alumnado acaba de estrear a nova dotación de portátiles de última xeración. Apostan pola innovación educativa participando en proxectos como o Plan Proxecta na modalidade Alimenta-T Ben coa que traballan a alimentación saudable de xeito integral. A través da posta en marcha de diferentes actividades vaise favorecer o coñecemento dos beneficios dunha boa alimentación  ademais de favorecer o achegamento e a familiaridade co alumnado con eles (a través da manipulación, cata, cociñado) e contribuen á sensibilización do alumnado e do seu contorno coa necesidade de aumentar o consumo de alimentos de calidade. O alumnado concienciado da promoción e uso da lingua galega traballa a prol da lingua  a través da creatividade e a incorporación das TIC nas aulas, mediante a creación de curtametraxes en galego dentro do programa  "Nós tamén creamos!" Ao abeiro deste programa o alumnado de Infantil realizou a curta de animación "Arbores no camiño" que foi presentada a 22 edición do  Festival Internacional de Cine da cidade de Ourense ao “Mellor Guión" na categoría de Educación Infantil das 74 curtas presentadas.
Outros proxectos de innovación educativa nos que participa o centro son os seguintes: Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de Galicia desde o ano 2011.
Programa de innovación educativa Contratos-Programa cos que se pretende potenciar de forma prioritaria o desenvolvemento das competencias clave para  lograr unha educación de calidade para o alumnado desenvolvendo as súas potencialidades.
Participación no programa Deporte escolar da Secretaría  Xeral para o Deporte-Fundación Deporte Galego.
Programa de innovación educativa "Eduemprende" que supón a aposta dunha cultura emprendedora como motor da innovación fomentando o desenvolvemento das competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento e vai a servir de eixe que permite preparar ao s nenos para confiar nas súas capacidades. Dentro de este programa de innovación nos cursos 2016/2017 e 2017/2018 dous alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria gañaron os premios da provincia de Pontevedra no concurso “Atrevete a ter unha idea” al desenvolver un proxecto de empresa factible. Programa de distribución de froita fresca, castañas e leite para fomentar a alimentación saudable. Participan no programa de reforzo e apoio educativo con cans do Concello de Vigo e no programa “Ciberexpert@s”do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, así como no programa “Coñece as túas institucións”.

Te puede interesar