xornal escolar

Cualifican de bo o clima de convivencia escolar en Galicia

A titular de Educación defendeu a necesidade de visibilizar tamén as condutas positivas e a tolerancia cero contra a violencia e a discriminación.
photo_camera A titular de Educación defendeu a necesidade de visibilizar tamén as condutas positivas e a tolerancia cero contra a violencia e a discriminación.
Así se desprende da II Enquisa sobre Convivencia Escolar realizada pola Consellería de Educación. O índice xeral de satisfacción das familias segue a ser moi elevado, xa que máis de oito de cada dez están contentos co centro ao que acode o seu fillo ou filla.
Tanto familias, como profesorado, alumnado e o persoal non docente que traballa nos centros escolares de Galicia coinciden en sinalar que, en xeral, existe un bo clima de convivencia nas aulas e tamén en que se constatan melloras nos últimos anos. Así se desprende dos datos da segunda edición da Enquisa sobre Convivencia Escolar realizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e cuxos resultados foron avanzados hoxe na reunión do Consello Galego da Convivencia que presidiu a conselleira Carmen Pomar. Pomar explicou que a enquisa é unha ferramenta importante para testar a convivencia escolar, ver a evolución no tempo e a partir de aí poder implementar medidas axeitadas para a eliminación de todo tipo de condutas contrarias á convivencia.
Os datos obtidos arroxan que en Galicia existe un bo clima de convivencia e o 60% das persoas que responderon á enquisa mesmo considera que a convivencia mellorou nos últimos anos, unha evolución positiva que se observa en todos os colectivos. Ademais, o índice de satisfacción xeral das familias cos centros onde teñen escolarizados aos seus fillos ou fillas é do 84,2%, o que experimenta un incremento porcentual duns 3 puntos con respecto á primeira enquisa que se realizou como experiencia piloto no curso 15-16.
Condutas positivas 
fronte ás negativas
Carmen Pomar explicou que nesta última enquisa se introduciron novos aspectos, como a avaliación das condutas positivas ou temas relacionados coa inclusión, a tolerancia cero e a igualdade. Ademais de dar visibilidade aos conflitos, a conselleira defende que “hai que visibilizar tamén as condutas positivas, na medida en que exercen de efecto contaxio no conxunto da comunidade”. A este respecto a conselleira asegurou que se perciben resultados moi alentadores xa que se detecta que as condutas positivas (case o 80% no ensino obrigatorio e o 76% no postobrigatorio) multiplican por catro as condutas negativas (en torno a un 21% e un 24% segundo sexa ensino obrigatorio ou postobrigatorio).
Outro dos aspectos salientables é que tanto os alumnos (sobre todo as alumnas) coma os centros son moi proactivos contra as condutas violentas ou de discriminación. Sete de cada dez nenos manifestan actitudes de tolerancia cero á violencia, evitando que se traten mal aos seus compañeiros. A colaboración e o respecto que existe tanto entre docentes e alumnos como entre docentes e familias e entre pais e nais e os seus fillos resulta positiva en termos xerais e desde todos os puntos de vista. De feito, máis do 95% das familias din depositar confianza no profesorado dos seus fillos; que tamén lle dan unha nota alta ao liderado inclusivo que exercen os centros. 
Conflitos, tipos de condutas e espazos onde se producen
Preguntados sobre a existencias de conflitos, máis do 85% das familias, profesorado e persoal consideran que non existen conflitos de convivencia nos seus centros, ou se existen, prodúcense de xeito moi puntual.
 

Te puede interesar