Xornal escolar

O CPI Cova Terreña traballa polo desenvolvemento global do alumnado

Aula dixital no CPI Cova Terreña.                                                                                                                         Clase de robótica no ciclo de Educación Primaria.
photo_camera Aula dixital no CPI Cova Terreña. Clase de robótica no ciclo de Educación Primaria.

O proxecto do CPI Cova Terreña de Baiona está focalizado no alumnado, traballando a prol do seu desenvolvemento integral, nun marco inclusivo e en función das súas características e necesidades, atendendo a aqueles e aquelas que teñan necesidades educativas especiais, traballando para mellorar a súa formación, os seus resultados académicos e colaborando na súa formación como cidadáns e cidadás que redunde positivamente na sociedade, entendendo a aprendizaxe do alumnado como un proceso de maduración cognitiva, afectiva e social. 

Asemade fomentan unha convivencia harmoniosa baseada no respecto e apoio mutuo, a integración entre as diferentes etapas, favorecendo a formación permanente do profesorado, aproveitando os recursos dispoñibles no centro e na contorna, potenciando o uso e o coñecemento das novas tecnoloxías e das linguas, asemade da lectura.


Buscan a mellora da calidade educativa a través da implementación na aula de estratexias metodolóxicas innovadoras e activas, aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe baseada en xogos na aula, aprendizaxe por indagación, que poñen o foco na aprendizaxe por competencias, a partir de experiencias de aprendizaxe reais nas que se aplican de forma integrada, coñecementos, habilidades e actitudes.


O Departamento de Orientación do centro contribúe ao logro do desenvolvemento persoal, social e académico do alumnado a través do traballo colaborativo e en coordinación cos servizos educativos, sociais e culturais da contorna. As súas actuacións desenvólvense a través de tres ámbitos: o Plan de Acción Titorial, o Plan de atención á diversidade e o Plan de Orientación académico-profesional. 


Proxectos educativos
No presente curso escolar, o centro participa en varios proxectos educativos:
Dentro dos Contratos-Programa inclúense o programa PROA, de Reforzo, Orientación e Apoio para potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado no que participa alumnado dende 3ºEducación Primaria ata 2ºESO, o programa de reforzo de competencias clave para alumnado de 3º e 4º ESO, a mellora da competencia matemática dende a atención á diversidade para todo o alumnado de Edducación Primaria e unha liña de Mellora da Convivencia con diferentes actuacións: o Equipo de Mediación, como estratexia para a resolución pacífica de conflitos e o fomento dunha convivencia positiva, o Coro Xuvenil do CPI Cova Terreña, formado no ano 2004, e o Obradoiro de Teatro. 


Conscientes da importancia das linguas estranxeiras afondan a aprendizaxe da lingua dende distintos enfoques e actividades, favorecendo o coñecemento da cultura anglosaxona. Contan cun plan de anticipación da lingua inglesa en Educación Infantil, Seccións Bilingües en Educación Primaria e o curso CUALE A-2 actividade complementaria levada a cabo polo departamento de Inglés, cuxo obxectivo é preparar  ao alumnado que o solicite para as probas de certificación de nivel de acordo co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). 


Na aposta polas novas tecnoloxías, o CPI de Cova Terreña forma parte do programa Introdución á robótica educativa en Educación Primaria. Asemade, un ano máis, continuan integrados no proxecto E-Dixgal/Abalar ampliando neste curso o proxecto á etapa ESO, onde o noso alumnado acaba de estrear a nova dotación de portátiles de última xeración. Destaca tamén neste curso a inclusión de novos contidos na aula virtual e a participación no programa Leemos. E finalmente tamén participan no Plan Proxecta con 4 programas: neste curso continuamos a traballar o campo da meteoroloxía dentro do proxecto interdisciplinar “MeteoEscolas”, desenvolvemos estratexias de prevención do acoso escolar dentro do proxecto “Aprendemos programando”, fomenta a boa alimentación con “Aliméntate ben” e por último, dentro do Proxecto Terra, deseñan como queren que sexa o patio escolar renovado este pasado verán.


O alumnado e proxectos tamén foron merecedores de recoñecemento con diferentes premios, sendo gañadores do Concurso de deseño #Enreda na rede organizado pola Fundación Barrié e a Asociación ARELA, II Concurso Literario Infantil sobre protección de datos organizado pola Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), 3º premio do I Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero convocado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra e gañadores do Concurso de ideas innovadoras do proxecto da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) Oceans of plastics organizado polo Campus do Mar, cuxo produto final, un corvo mariño feito con lixo recollido nas praias, está actualmente exposto no Museo do Mar de Vigo acompañado das outras pezas que conforman a exposición. As familias no Cova Terreña son un eixo importante no centro, como pon de manifesto a gran implicación do ANPA, contando ademais coa Escola de pais e nais, xestionada en colaboración coa Mancomunidade do Val Miñor. Para mellorar a comunicación familia-centro empregamos Abalar Móbil, unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica do alumnado a través do teléfono móbil, recibir avisos, incidencias, solicitar unha titoría, etc.


As portas do centro están abertas a toda a comunidade  y especialmente na xornada de portas abertas que celebrarase o 26 de febreiro de 2019, de 8:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, para ás familias que desexen visitar as instalación. Na web poden obter  información sobre o centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/

Para máis información póñase en contacto con nós:
Teléfono 886120001, Correo-e [email protected]
Rúa Dolores Agrelo, s/n, 36300 Baiona, Pontevedra
Xornada de portas abertas: 26 de febreiro de 2019, 8:30-14:00 h e 16:00-18:00

Te puede interesar