XORNAL ESCOLAR

CPI Cova Terreña, axudando a construir persoas

O CPI Cova Terreña conta con un edificio central adaptado as necesidades dos nenos.
photo_camera O CPI Cova Terreña conta con un edificio central adaptado as necesidades dos nenos.

O Centro Público Integrado está situado no núcleo urbano de Baiona, e imparte o segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
 

O Centro Público Integrado de Cova Terreña está situado no núcleo urbano do Concello de Baiona, un centro educativo público que imparte o 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, incluíndo, polo tanto, toda a formación obrigatoria no mesmo espazo educativo, atendendo ao alumnado dende os 3 aos 16 anos. A súa situación céntrica facilita o traxecto ao mesmo andando, dispondo dunha liña de transporte para o alumnado procedente de Belesar na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). As unidades de Educación Infantil están situadas nun edificio independente, dentro do recinto escolar, no que contan, a parte das aulas cos seus correspondentes aseos, con dous patios, un cuberto e outro descuberto recentemente renovados, sala de profesorado e unha aula específica para o traballo cos especialistas do Departamento de Orientación: Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. As etapas de Educación Primaria e Secundaria comparten a construción principal. Este edificio conta, ademais das aulas, con biblioteca (pertencendo ao Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares dende hai anos), ximnasio, comedor escolar, salón de actos, departamentos didácticos, sala do profesorado, despachos do equipo directivo, conserxería, salas de acción titorial, así como diferentes aulas específicas: Música, Informática, Laboratorio, Plástica, Tecnoloxía, aula polivalente, aula de Convivencia e aulas de apoio. O espazo de recreo, cun gran patio recentemente renovado, é amplo, abarcando toda a contorna do edificio e incluíndo diferentes zonas de xogos e pista deportiva, ademais dun pavillón e dous patios cubertos. O horario do centro é de xornada continua de luns a venres. Nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria abrangue dende as 8:50 horas ata as 13:50 horas e na etapa da ESO o horario é de 8:30 horas ata as 14:00 horas e os luns pola tarde dende as 16:10 horas ata as 17:50 horas. O centro conta con servizo de comedor escolar dende as 13:50h ata as 15:50h, o cal é xestionado pola ANPA, a asociación de nais e pais do centro, que colabora activamente en beneficio de todo o alumnado.


A partir das 15:50 horas inícianse actividades extraescolares organizadas pola ANPA e o Concello de Baiona segundo a demanda do alumnado e as súas preferencias, ofertando Robótica, Baile, Ximnasia acrobática, Inglés, Intelixencia emocional, Multideporte, Tenis, Baloncesto, etc.
 

Te puede interesar