xornal escolar

Colexio Mendiño, un centro de Formación Profesional en Vigo

Alumnos no obradoiro de empaquetado.
photo_camera Alumnos no obradoiro de empaquetado.
Proxecto vivo, en contínua mellora que se adapta aos alumnos, buscando a excelencia e traballando  para formar bos  profesionais.
O Colexio Mendiño de Formación Profesional en Vigo
poñe a disposición dos seus alumnos aos mellores profesionais para que axuden no desenvolvemento das aptitudes do alumnado no seu futuro laboral, ofreciéndolle proximidade e contacto directo, ademais dunha atención personalizada e un traballo continuo de motivación. O centro conta cos mellores profesionais para o ensino, e tamén profesionais nas súas profesions fóra do colexio, achegando o mundo laboral ás aulas con experiencias reais.
Orientación
O Colexio Mendiño conta cun departamento de orientación,  encontro, reflexión e apoio ao servizo das nais e pais, profesorado e alumnado.  Conciben o Departamento de Orientación como un espazo de encontro, reflexión e apoio  para todala comunidade educativa, destinado a fomentar o desenvolvemento integral do noso alumnado, para así acadar profesionais cualificados que poidan incorporarse ao mundo laboral ou continuar cos seus estudos.
O centro educativo oferta varios itinerarios formativos na idea de apoyar cando surxe a pregunta ¿qué podo facer cando remate a FPB ou o ciclo que estou a facer no Colexio Mendiño? Cando os alumnos teñen dúbidas ou non sabes que poderás facer despois do seu paso polo Colexio Mendiño, o centro da varios itinerarios formativos para traballar ou continuar cos estudos.
Test Orientación
Se os alumnos no saben a onde dirixir o seu futuro académico,  o Colexio Mendiño elabora un test de orientación que poden servirlles de guía. Un test de orientación vocacional que non deixa de ser un cuestionario sobre habilidades e intereses que poden orientar na toma de decisións pero nunca deixar recaer todo o peso da túa decisión sobre o mesmo. Ademáis, o Colexio Mendiño facilita o acceso a bolsas de estudio para profesionalizar os estudios.
Proxecto vivo
O Colexio Mendiño conta cun proxecto vivo, en continua mellora  que se adapta ao alumnado, buscando a excelencia grazas a traballar co obxectivo de formar profesionais. 
O centro educativo conta con instalacións adaptadas aos ciclos formativos: biblioteca, aulas con material informático, sanitario e comercial son algúns dos lugares nos que o  alumnado se achega ao mundo laboral da forma máis real posible.
Para a familia sanitaria contans cun pequeno hospital con todos os elementos cos que se pode atopar o alumado na súa futura vida laboral, desde unha butaca de dentista co seu correspondente material, ata unha cama articulada, un autoclave para desinfección, etc.  Así mesmo, contan con varias aulas equipadas con computadores para o ensino-aprendizaxe de distintos programas informáticos e softwares imprescindibles para o desenvolvemento de perfís profesionais das familias administrativa e comercial. 
E por último, o Colexio Mendiño conta tamén cunha biblioteca a disposición do alumnado, materiais para prácticas comerciais, proxectores en todas as aulas, entre outros, para o seu estudio.

Te puede interesar