xornal escolar

O Colexio Chans de Bembrive fomenta a educación emocional

O CEIP Chans en Bembrive.
photo_camera O CEIP Chans en Bembrive.
O centro educativo de Vigo, que imparte os ciclos de Educación Infantil e Primaria, está situado nunha contorna natural privilexiada que achega ao alumnado ao medio con diversas actividades e proxectos nas aulas.
O Colexio Público de Chans-Bembrive foi inaugurado no ano 1980  como centro comarcal para escolarizar alumnado de Bembrive e do centro de Vigo.
 Inicialmente so contaba cun edificio e atendía a alumnado de EXB. No ano 1985 constrúese un edifico anexo para acoller alumnado de Educación Infantil e anos máis tarde o pavillón polideportivo completando as instalacións que se manteñen actualmente.
No curso académico 1989-1990 o centro converteuse en centro experimental da reforma educativa acollendo  1º e 2º cursos  de educación secundaria obrigatoria. Experiencia que continua ata que o novo plan de estudos fíxose obrigatorio para tódolos centros de Galicia. 
No ano 1998, e de acordo coa nova rede de centros establecida pola Consellería de Educación, o colexio transformase nun CEIP, centro de educación infantil e primaria.
O longo destes preto de corenta anos de vida matriculáronse 2.570 alumnos e alumnas no noso centro. 
No curso actual hai matriculados 270 alumnos e alumnas
O centro ten participado e participa en numerosos proxectos educativos destacando na actualidade a pertenza a rede de centros de Educación Responsable, programa educativo que fomenta a educación emocional e para a creatividade.
A contorna próximo do centro é eminentemente rural en estes últimos anos en terreos anexos ao recinto escolar a Entidade Local Menor de Bembrive construíu un parque infantil de grandes dimensións, dotado con variedade de xogos infantís, espazos para a práctica deportiva, mesas e fontes de auga. 
Se a este parque  unimos outros espazos existentes como o parque forestal do Pouso e outras áreas de lecer, sendeiros que foron mellorados nos últimos tempos forman un conxunto natural excepcional e o convérten nun excelente recurso medioambiental.
Alumnado
O alumnado do CEIP de Chans–Bembrive é variado e diverso é está marcado pola dispersión xeográfica. Provén de diversos puntos da cidade de Vigo, do seu casco urbano,  de Bembrive e, nunha porcentaxe menor, de concellos limítrofes. 
Tradicionalmente e ata o 2010, á porcentaxe de alumnado da parroquia era inferior ao 30%.  Nos últimos cursos, a porcentaxe de alumnado residente en Bembrive aumentou ata chegar a un 46,9 % neste curso. 
Profesorado 
O cadro de persoal docente está composto de 26  profesoras e profesoras, distribuídos da seguinte forma: 
5   profesoras de Educación Infantil, 11 profesore/as de Educación Primaria,  2  profesores de Educación Física,  2  profesoras de Lingua Inglesa,  1  profesora de Música,  1  profesor de Pedagoxía Terapéutica, 1  profesora  de Audición e linguaxe,  1  Orientadora e 2 profesoras de relixión compartidas. 
Servizos
Na súa orixe o CEIP de Chans-Bembrive foi un colexio público comarcal creado para satisfacer a demanda de postos escolares do centro de Vigo.  Iso explica os seus servizos complementarios. 
O centro conta con seis liñas de    autobús. Dúas cobren as necesidades da parroquia e catro enlazan diversos lugares do centro de Vigo coa escola.  
Utiliza o transporte escolar un  80 % do alumnado. O centro escolar conta cun comedor escolar de xestión directa.  O centro merca os alimentos  e deseña os  menús, adaptándose aos estándares dunha dieta saudable. Baixo a coordinación da encargada de comedor, o  cociñeiro e dúas axudantes de cociña elaboran diariamente a comida nas propias instalacións do centro. No curso  actual ten  236, alumnos/as anotados.  A  media de asistencia diaria está arredor dos 200 usuarios.
Instalacións
O edificio principal do CEIP Chans de Bembrive conta con: catorce aulas para Educación Infantil e Educación Primaria; aulas de inglés, de Informática, música e psicomotricidade; despachos para Orientación, audición e linguaxe, e pedagoxía terapéutica; espazos para administración e biblioteca escolar.  Completan as instalacións o pavillón polideportivo e multiusos que se usa para as clases de  Educación Fisica, actividades extraescolares e actos escolares ou festivais.  Contando coa colaboración e axuda dos país e nais dos alumnos e alumnas construíron  un pavillón polideportivo  e multiusos cun escenario e almacén, que utilizase tanto para as clases de educación física, extraescolares, actos e actuacións,  aula de plástica e actividades extraescolares e local de oficinas e servizos da Anpa, Asociación de Pais e Nais do colexio.

Te puede interesar