Xornal Escolar

O Centro Residencial Docente de Vigo, un centro para apoiar o futuro

Xornal Escolar

xornal escolar

O Centro Residencial Docente de Vigo, un centro para apoiar o futuro

O centro conta cun gimnasio para o alumnado.
photo_cameraO centro conta cun gimnasio para o alumnado.
Os centros residenciais docentes son centros educativos de formación e residencia para estudantes de ensinos medios ou módulos profesionais que teñan a súa residencia habitual lonxe da localidade onde cursen estudos e, excepcionalmente, para alumnos universitarios.
Os fins dos centros residenciais docentes, ademais de facilitar aloxamento e manutención aos estudantes contemplados son promover e fomentar nos estudantes residentes os principios de liberdade, xustiza, convivencia, colaboración e solidariedade no contexto plural da sociedade; estimular a responsabilidade individual na súa profesión de estudantes; facilitar un servizo cultural e científico para unha educación integral;  favorecer a formación física e deportiva do alumnado; e os que se determinen regulamentariamente.
Para levar a cabo este proxecto contan con persoal docente cualificado para a atención personalizada, así como con servizos e instalacións adecuadas para as necesidades do alumnado. Ademais de manutención e aloxamento, favorecen as relacións entreo alumnado de distinta idade e procedencia, así como a adquisición e o reforzo de valores esenciais para a convivenciam, entre eles potencian a transmisión de valores de tolerancia e a cooperación; a educación en igualdade e o respecto ao medio ambiente; fomentan a aprendizaxe cooperativa, a capacidade crítica, así como a autonomía persoal e a autoestima; e actuan ante calquera forma de violencia ou conduta discriminatoria fronte ás diferenzas.
O centro aposta por diferentes obxectivos xerais referidos ao alumnado, entre eles aceptar e valorar as diferenzas do alumnado como un feito de enriquecimiento na comunidade educativa; adecuar a resposta residencial á diversidad do alumnado, mediante a realización dos cambios organizativos precisos; potenciar a confianza nas súas posibilidades para que alcancen unha adecuada autoestima; e valorar a importancia que ten unha boa convivencia e crear un ambiente de traballo e compañerismo que axude a mellorar o desenvolvemento persoal e social dos residentes. O centro tamén aposta por contemplar medidas xerais e específicas que permitan detectar e tratar as dificultades de aprendizaxe e de convivencia axiña que como se produzan; garantir a actuación coordinada de todo o equipo de educadores/as e resto de persoal para a correcta aplicación das medidas de atención á diversidad; potenciar a acción tutorial; fomentar a participación das familias e involucralas no proceso educativo dos seus fillos e fillas.
O centro impulsa a participación crítica e responsable na propia actividade, como aprendizaxe para unha vida de cidadá adulto, comprometido cos valores de  liberdade e responsabilidade, tolerancia, xustiza, igualdade e valoración do esforzo.
Dado o seu carácter público, trata de rexerse polo principio de neutralidade ideolóxica, de maneira que renuncia a todo tipo de adoutrinamento, sectarismo e proselitismo e basearase no pluralismo, nos valores democráticos de convivencia, e nas ideas recollidas na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O estilo de convivencia do centro propicia a creación dun marco de relación no que sexa fomentado o desenvolvemento de valores baseados no respecto á identidade persoal de cada quen, é dicir, a súa identidade sexual, cultural, política e relixiosa. O centro defínese como laico e respectuoso con tódalas ideas relixiosas. Tódalas actividades que se realicen están exentas de calqueraorientación relixiosa. 
A coeducación do centro fomenta  a convivencia entre os distintos sexos tratando de eliminar as discriminacións e de fomentar o respeto; e se  fomenta a participación crítica e responsable na propia actividade como aprendizaxe para unha vida de cidadá adulto, comprometido cos valores de liberdade e responsabilidade, tolerancia, xustiza, igualdade e valoración do esforzo.
Ademáis das notas de identidade, os fins propios do Centro Residencial Docentemde Vigo, a máis dos de facilitar aloxamento e manutención aos estudantesse fomenta o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades do alumnado .
O centro elabora unha programación de actividades para potenciar o traballo en grupo e facilitar a confección dun programa de saídas de estudo. Todo iso favorecerá o desenvolvemento dun achegamento afectivo e dun compromiso co medio socio-natural, á vez que resultará un elemento motivador e dinamizador do proceso ensino-aprendizaxe.
Tamén trata de potenciar na Comunidade Educativa a educación en valores. Na práctica diaria desenvolvese unha educación centrada en valores que posibiliten actitudes participativas, de respecto e tolerancia, que favorezan a comprensión das diferenzas e a consolidación como persoas que viven nunha sociedade pluralista intercultural cunhas determinadas normas de convivencia, aprendendo a obrar de acordo a elas. Deste xeito efectuase un exercicio activo da cidadanía, respectando os dereitos humanos e o pluralismo propio da sociedade democrática actual. Se busca adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así
como nos grupos sociais cos que se relacionan.
O centro aposta tamén por reforzar o espírito de traballo como incentivo da superación persoal e, desta forma, obviar o deixamento e a falta de motivación; desenvolver hábitos de traballo individual e de traballo cooperativo, de esforzo e responsabilidade no estudo así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe; e aprender a aprender. Tamén  tratan de desenvolver as competencias matemáticas básicas e coñecer e valorar a contorna natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e coidado do mesmo; valorar a hixiene e a saúde, utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal; e potenciar a participación e colaboración dos distintos sectores da comunidade educativa para formación básica, solidaria e que contribúa á efectiva igualdade; así como favorecer as canles de comunicación e información no Centro, tanto entre os membros e órganos do centro como entre estes e as familias, para conseguir que as relacións que sexan fluídas e cordiais.

Más en Xornal Escolar
Comentarios