xornal escolar

Centro Residencial Docente para alumnos foráneos que cursen estudos en Vigo

Fachada do Centro Residencial Docente de Vigo.
photo_camera Fachada do Centro Residencial Docente de Vigo.
O centro,  situado na zona do Meixoeiro, dispón de tres residencias independientes e comunicadas entre sí por un corredor acristalado para alumnas e alumnos con todos os servizos necesarios para a súa vida diaria.
O Centro Residencial Docente de Vigo, que foi construído no ano 1976, é un centro educativo para que os estudantes de ensino Secundario ou Ciclos Formativos que teñan a súa residencia habitual lonxe de Vigo poidan cursar os seus estudos e excepcionalmente tamén para o alumnado universitario. 
O Centro Residencial Docente de Vigo está situado na estrada de Madrid, xunto ao Complexo Hospitalario do Meixoeiro, e circundado polos centros escolares CIFP Manuel Antonio, co que comparte recinto, instalacións e servizos, o IES Carlos Casares, o IES Ricardo Mella, e o CIFP Valentín Paz Andrade. 
Dende o punto de vista arquitectónico hai que salientar a orixinalidade da súa construción, cualidade que o acredita como un dos edificios docentes máis singulares de Galicia. 
Na súa estructura diferéncianse claramente dous corpos: por unha banda o Centro Residencial Docente e pola outra o CIFP Manuel Antonio formado por una peculiar combinación de módulos que se comunican entre eles. 
Todo isto forma unha unidade con distintas zonas ben diferenciadas, simulando a organización arquitectónica das aldeas tradicionais galegas. 
O Centro Residencial Docente de Vigo  está rodeado dun gran espazo natural e a súa superficie aproxímase aos 100.000 metros cadados , dos que 35.000 metros cadrados  son de bosque, onde existe unha gran variedade de arboredo autóctono. Este conxunto (CRD-CIFP) inicialmente foi creado como Universidade Laboral, pasando logo a Centro de Ensinanzas Integradas, posteriormente a Instituto de Ensino Secundario e Profesional e no ano 2011 a Centro Integrado de Formación Profesional. 
Universidad Laboral
O CRD e o CIFP Manuel Antonio teñen os seus ancestros na rede de Universidades Laborais. Pretendían conseguir una especialización técnica nun oficio ou na industria.  
Na transición democrática tiveron tamén repercusión nas Universidades Laborais e estas atravesaron una serie de vicisitudes que fixeron perder progresivamente a súa identidade, transferíronse ás Comunidades Autónomas. 
Na actualidade o CRD xunto co CIFP  dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, independentes e autónomos, comparten conxuntamente o mesmo recinto, as instalacións, nos que traballadores e traballadoras comparten o seu esforzo de xeito colectivo e solidario, e contribúen a que o  Centro Educativo e Residencial sexa un referente do ensino en Vigo. Comparten conxuntamente un proxecto complementario nas súas instalacións de servizos docentes, para a realización da formación do profesorado, inmersións lingüísticas e outras actividades que poden ser realizadas por organismos vencellados ao ensino, fóra do horario lectivo e en periodos vacacionais. O Centro Residencial Docente da Vigo está dotado de instalacións para atender outras ofertas educativas e sociais que tamén poidan demandar grupos de traballo, institucións, organizacións e entidades, así como encontros, viaxes de estudos, cursos, intercambios, xornadas, etc.
Un espacio singular
O centro dispón de tres residencias independentes e  comunicadas entre si por un corredor acristalado. 
Unha destas residencias, o Colexio Vagalume, está ocupada na actualidade por alumnos e as outras dúas, os Colexios Bolboreta e Anduriña, ocupadas por alumnado feminino. 
A residencia Vagalume ten capacidade para 92 alumnos. Hai cuartos de dúas prazas e individuais. 
As residencias Bolboreta e Anduriña son simétricas na súa estructura e distribución. Teñen capacidade para 50 alumnas cada unha delas. Os cuartos son todos de dúas prazas. 
Cada unha das residencias dispón dun despacho  para o persoal educativo e de distintas salas, TV, salas de xogos, de reunións, biblioteca, lavandaría,  pranchae secadoiros.
Na planta baixa da residencia Vagalume atópanse os espazos de convivencia común entre alumnos e alumnas: sala de xogos, sala de TV, sala de informática, biblioteca, ximnasio, perruquería etc. O centro conta tamén con cafetaría, cociña-comedor, enfermaría, un edificio de servizos administrativos e dependencias de mantemento.
Os centros residenciais docentes son centros educativos de formación e residencia para estudantes de ensinos medios ou módulos profesionais que teñan a súa residencia habitual lonxe da localidade onde está situado o centro no que cursen estudos e, excepcionalmente, para alumnos universitarios.
Prazas no centro
As prazas dos centros residenciais docentes outorgaranse mediante convocatorias
específicas, que deberán considerar, entre outros criterios, as dificultades de escolarización das solicitantes, a súa residencia en zonas deprimidas, as condicións económicas, académicas e persoais e, especialmente, o padecimiento de infortunio familiar. Anualmente poderá ter lugar unha convocatoria de axudas de comedor e transporte para aqueles alumnos dos Institutos de Educación Secundaria e Profesional aos que as circunstancias familiares e xeográficas impidan ou dificulten a súa escolarización noutros centros. 

Te puede interesar