xornal escolar

O CEIP O Pombal celebrou o seu 70 aniversario cunha festa da comunidade

O Pombal de Vigo celebrándo a súa festa.
photo_camera O Pombal de Vigo celebrándo a súa festa.
O centro  educativo vigués, que  imparte os ciclos de Educación Infantil e Educación Primaria, 
é centro plurilingüe dende o curso 2018-2019, contando cun amplio programa de linguas para os nenos, galego, castelán, inglés en francés.
O CEIP Plurilingüe O Pombal de Vigo festexou o seu 70 aniversario con diversos actos festivos e culturais. Ao evento estaba invitada a Comunidade Educativa, así como tamén diversas autoridades, antigas alumnas e alumnos e mestras e mestres xubilados. Houbo diversos actos pola mañá co alumnado e as familias, presentados por Carlos Tresandí e amenizados polos gaiteiros de Pardavila e Barafunda Animación así como varias sorpresas: canción do 70 aniversario, cápsula do tempo, solta de pombas e entrega de agasallos. Pola tarde foi o acto de carácter máis institucional coa presenza das autoridades: discurso de benvida, charla sobre a arquitectura do colexio, vivenzas e lembranzas de antigas alumnas e alumnos, exposición fotográfica e de obxectos antigos nos corredores do centro,… ademais da actuación do Grupo de Música Tradicional O Fiadeiro. Destacou a visita nesa data festiva de tres persoeiros da cultura galega: o poeta Antonio García Teijeiro, a escritora Ledicia Costas e o pintor Raúl Velloso, que apadriñaron tres aulas do noso centro. O Colexio Pombal foi a primeira escola graduada de Vigo. En xaneiro de 1945 o arquitecto Antonio Cominges trazou os planos deste emblemático centro que estaría encadrado no estilo que hoxe coñecemos como arquitectura rexionalista. As obras foron dirixidas polo propio Cominges e actuou como contratista o afamado enxeñeiro Ramón Beamonte del Río. Na prensa da época anunciábase a inauguración da nova escola no mes de setembro de 1949. Ata chegar ao seu estado actual sufriu múltiples reformas, melloras e ampliacións, destacando no ano 1951 a plantación dos plátanos tan característica que adornan o patio hoxe e tamén a construción dun segundo edificio no ano 1973 por o aumento demográfico. Na actualidade, teñen 6 unidades de Educación Infantil e 12 de Educación Primaria para 358 alumnas e alumnos e 30 mestras e mestres. O centro conta cun Equipo de Orientación, dúas aulas de inglés  con dúas sección bilingües dende o curso 2014-2015 e son  centro plurilingüe dende o curso 2018-2019. O colexio complementase cun  ximnasio e aula de psicomotricidade, parque infantil con areeiro e circuíto de educación viaria, aula de relixión católica, aula de informática  e Biblioteca integrada no programa PLAMBE.

Te puede interesar