Xornal Escolar

O CEIP Plurilingüe Santa Mariña de Cabral ofrece unha educación individualizada

Xornal Escolar

xornal escolar

O CEIP Plurilingüe Santa Mariña de Cabral ofrece unha educación individualizada

Actividade de fomento da lectura na biblioteca.
photo_cameraActividade de fomento da lectura na biblioteca.
O colexio, que imparte actualmente os ciclos de Educación Infantil e Educación Primaria, conta co programa  Madruga, xestionado pola ANPA, servizo de transporte escolar e comedor, xestionado pola Xunta
 
O CEIP Plurilingüe Santa Mariña  é un centro educativo pequeno, situado na barriada viguesa de Cabral, de ambiente familiar que ofrece unha educación individualizada e de calidade a todas as súas alumnas e alumnos, para que cada un deles poida acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades, forme o seu propio criterio, e poida tomar as súas decisións de maneira libre e responsable.   O colexio imparte actualmente os ciclos de Educación Infantil e Educación Primaria e a él acuden nenos e enas da zona de de barrios cercanos ata a zona de O Calvario.
Servizos que ofrece
o centro educativo
Cada mañá o centro abre as súas portas ás 8.00 horas para recibir ao alumnado que acude ao programa madrugadores, xestionado pola ANPA Alborada. Ás 8:50 horas chegan o resto dos nenos e nenas, que son agardados polos seus mestres para entrar nas aulas ao son da música semanal. 
O centro educativo oferta un servizo de transporte escolar, para comodidade dos nenos e as súas familias, con dúas rutas: unha liña comeza no IES Castelao, no barrio do Calvario; e a outra fai o percorrido pola contorna do centro educativo.  
O CEIP Plurilingüe Santa Mariña de Cabral conta tamén co servizo de comedor xestionado pola Xunta dende que finalizan as clases ás 14.00  ata as 16.00 horas, momento no que comezan as actividades extraescolares. As actividades extraescolares que se desenvolven no colexio son baile, intelixencia emocional, balonmán, ximnasia acrobática , teatro, natación e inglés coa titulación do Trinity College.
Colaboración das
familias no colexio
As familias do centro, representadas pola ANPA colaboran activamente mediante a co-organización de numerosas celebracións ao longo do curso escolar como o Magosto, a chocolatada no Nadal ou a Festa de Fin de Curso; e tamén na organización e xestión das actividades extraescolares. 
O CEIP Santa Mariña é un centro educativo global no que a súa comunidade educativa pode definirse como unha gran familia, na que todos poden aportar o seu gran de area para seguir mellorando día e día e conseguir así a formación integral das alumnas e alumnos, para preparalos os ciclos seguintes ESO, Bacharelato e  universidade, para a sociedade e profesions do futuro.