xornal escolar

CEIP Chans de Bembrive, unha escola transformadora, aberta e inclusiva

Aula de informática.                                                                                                                                                     Biblioteca escolar.
photo_camera Aula de informática. Biblioteca escolar.

O CEIP Chans-Bembrive é centro educativo para nenos e nenas en idade infantil  que ten coma misión axudar  ao seu  alumnado  a desenvolver as súas capacidades e acadar aprendizaxes  que faciliten o seu crecemento  e integración á sociedade coma cidadáns  críticos e responsables. 
Un centro educativo que aposta por unha escola consciente, unha escola atenta as necesidades do alumnado, do profesorado e das familias.
Unha escola transformadora a prol dunha sociedade máis solidaria e sustentable e ntegradora que atende á diversidade e intente  adaptarse ás distintas necesidades do alumnado.
Inclusiva  na que caben todos e todas coas súas distintas características individuais e participativa e aberta  cara o alumnado,   o profesorado, as familias  e a contorna. Tamén é acolledora, cun clima de confianza e un ambiente de traballo sereno,  na que o alumnado perciba unha actitude de apoio , respaldo e orientación diante das súas preocupacións e necesidades. Unha escola na que se respecta o pluralismo e os valores democráticos de solidariedade, responsabilidade e tolerancia.
O CEIP Chans-Bembrive tamén aposta por una escola coherente, na que haxa unha relación entre o que di, o que se pensa, e o que se fai.
Saudable, e sostible, que promova e fomente o respecto ao medio ambiente e os hábitos  saudables. Dinámica e aberta que se avalía  e busca adaptarse aos cambios que a sociedade esixe e defensora da nosa cultura e da nosa lingua. CEIP  deChans-Bembrive é unha escola  “emocionante”.
O CEIP de Chans-Bembrive ven apostando dende o curso 2011/2012 por unha educación, responsable, creativa e consciente. Para elo quere seguir formándose en metodoloxías activas que axuden a construír benestar persoal e profesional. Accións que se estan a desenvolver para acadar os obxectivos.
-“Educación Responsable” A escola está inmersa neste programa piloto de innovación educativa que promove a Fundación Botín e a Consellería de Educación  e fomenta  a mellora da convivencia a partir do crecemento socioemocional. Formamos parte por sexto ano consecutivo da rede de escolas de Educación Responsable. Como consecuencia se iniciaron as seguintes accións na escola:
En 4º e 6º de Primaria estase a implementar a materia de libre configuración “Educación emocional e para a creatividade”.
-O programa Mellor con calma que consta dun abano de actividades dirixidas á redución do estrés e a impulsividade. Aspectos comao valor da pausa, a calma na aula, ou atención plena son elementos que se traballan neste programa.
-“Seccións Bilingüés” .
A materia de plástica impártese en inglés en 4º, 5º e 6º de primaria contando cun auxiliar de conversa nativo.
 -“Introdución á Robótica en Educación Primaria”.
Introdución da programación en Scracht e uso dos róbots Mbot para a resolución de retos fomentando no alumnado o desenvolvemento pensamento computacional.
-“Recreos felices”. 
Entendendo o tempo de recreo coma un tempo educativo deseñáronse unha serie de espazos e actividades, logo de escoitar ao alumnado por medio das xuntanzas de delegados, para mellorar a convivencia e aumentar a oferta de actividades para ocupar  o tempo de lecer. Espazo de xogo tranquilo, espazo deportivo, areeiro, sala de xogos, a ¨leira de ler” …
-"Mellos mediando".
Programa de mediadores para a resolución pacífica dos conflitos entre iguais. A partir de quinto formase ao alumnado para exercer de mediadores e adquirir competencias para axudar a resolver os conflitos dunha maneira confidencial e creativa ser ter que acudir a regulamento do centro, ao a participación dun adulto.
“Biblioteca escolar”
Dende o ano 2010 forman parte do Plan de Melloras de Biblioteca da Consellería de Educación. Ao longo destes anos a biblioteca modernizouse e dinamiza gran parte da vida escolar a través dos proxectos documentais anuais. Para este curso traballarase na liña de acadar un colexio sostible e que defenda o medio ambiente no contexto da situación actual de emerxencia climática.
Outros proxecto.
-Grupo de pandereteiras e pandereteiros de Chans, traballan no mantemento das nosas tradicións e a aprendizaxe de cancións do noso folclore.
-Os “Bombrivers”, banda escolar formada con alumnado que ten coñecementos ou toca algún instrumento musical. Ensaian nos recreos e participan nas festas da escola.
-“Artistas de Chans”: Actividade na que o alumnado que o desexe pode compartir habilidades e/ou coñecementos (cantar, recitar, facer maxia, bailar...) cos seus compañeiros actuando para eles  nos  recreos logo de ensaiar e prepara as súas actuacións. 
A ANPA
No CEIP Chans-Bembrive  funciona unha Asociación de nais e pais, denominada ANPA "O Lecer" a que pertencen un número importante de familias do colexio e que é parte activa da comunidade educativa. A ANPA, encárgase de distintas tarefas como é da xestión das actividades extraescolares: deportivas (natación, balonmán, patinaxe), educativas (cociña creativa, cerámica) e artísticas (teatro, baile moderno) ofertadas ao alumnado polas tardes. Ademais desenvolve outros traballos: organización de festas no Nadal, no Entroido ou a fin de curso; charlas para pais e nais sobre temas de interese na educación dos fillos/as; ou a participación en actividades da parroquia propostas pola Entidade Menor ou a Asociación Cultural Helios.
Tamén é a responsable da  organización e funcionamento do servizo de gardería a primeira hora da mañá, a partires das sete e media, para "os primeiros en chegar á escola" para tratar de conciliar a vida familiar.
 coa vida profesional dos pais dos alumnos.

Te puede interesar