xornal escolar

Biblioteca escolar como centro de recursos de lectura, de información e de aprendizaxe

O magosto e Samaín son algunhas das celebracións anuais.
photo_camera O magosto e Samaín son algunhas das celebracións anuais.
Un dos principais obxectivos durante este curso no IES de Valadares de Vigo é multiplicar as posibilidades que ten a biblioteca escolar como centro de recursos de lectura, de información e de aprendizaxe.
A liña de traballo destes últimos anos foi apostar pola biblioteca como centro creativo das aprendizaxes. Por iso tomaron medidas organizativas para poñer a disposición de toda a comunidade educativa unha biblioteca escolar con diferentes recursos. Reorganizáronse os espazos e os fondos en función das diferentes prácticas que se están a levar a cabo: lectura, consulta, investigación… Asemade, adaptáronse tanto as prácticas coma os recursos dando respostas ás necesidades de todo o alumnado. Este cambio organizativo foi acompañado de dinámicas distintas: propostas interdisciplinares, alfabetizacións múltiples, actividades para o fomento da lectura, así como a incorporación da materia de libre configuración "Investigación e tratamento da información", para o desenvolvemento das competencias en información e medios para 1º curso de ESO. Grazas á incorporación no Plambe, a biblioteca experimentou unha transformación importante cuxa finalidade foi crear un entorno educativo integrado na vida do instituto.  Este ano pasaron a formar parte do  "Proxecto Centros LÍA.2";  onde están  a explorar a evolución da biblioteca cara un centro creativo de aprendizaxes, converténdose nun espazo aberto aberto, flexible e dinámico. Tamén pasaron a formar parte do programa Radio na Biblio, desenvólvese un laboratorio de radio co fin de promover a expresión oral e a alfabetización.
As linguas
No centro impártese como primeira lingua estranxeira o inglés e como segundas linguas estranxeiras o francés e o portugúes. Ademais en todos os niveis ofertan seccións bilingües, en plástica, matemáticas, bioloxía e  tecnoloxía. Para iso, contan coa colaboración dun profesor nativo, pertencente ao programa “Fullbright”, e unha profesora asociada nativa de portugués que realizan apoio nas aulas. Tamén participan nun programa europeo e-twinning de intercambio virtual con institutos de Portugal máis un intercambio cultural cun instituto portugués. O carácter internacional tamén vén apoiarse en programas de intercambio lingüístico con alumnado doutros países. Este ano os alumnos do 3ºda ESO farán un intercambio  con Francia eo próximo curso iráa a Alemania os de 4º da ESO. Alén do estudo das linguas estranxeiras, e coa finalidade de garantir que no final da etapa os alumnos teñan idéntica competencia nas dúas linguas oficiais da comunidade, o IES Valadares ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado, para o que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deseña actividades para e polos propios alumnos. A máis visible é a revista escolar A Buguina, pero ao longo do curso desenvólvense moitas outras.
Innovación
O IES Valadaresconta con  medidas de atención á diversidade e innovación educativa co obxectivo de atender as distintas necesidades dos alumnos, no instituto creáronse dous grupos de PMAR, programas de mellora do rendemento e da aprendizaxe,  en 2º e 3º da ESO, agrupamentos específicos en 1º e 2º da ESO, grupos de reforzo nos ámbitos lingüístico e matemático e horas de apoio por parte de dúas profesoras de Pedagoxía Terapeútica para alumnado de 1º e 2º da ESO que o precise e que traballan dentro da aula coordinadas co profesor titular.Contan ademais cun protocolo específico para axudar o alumnado con TDAH e/ou TEA. Dentro da atención á diversidade e a innovación levan a cabo varias liñas de traballo: O traballo cooperativo, o traballo por proxectos, a docencia compartida, dous ou máis profesores dentro da aula, ou as materias agrupadas, lingua castelá e matemáticas en 1ºESO, as materias cuadrimestrais en 3ºESO.
Tamén participan en todas as modalidades dos Contratos-Programa da Consellería de Educación, como o Plan REFORZA-T, para 1º e 2ºESO, e o PRELIN, para 3º e 4ºESO, reforzo para o alumnado que o precise durante varias tardes, o Plan de Mellora da Competencia Lingüística, Matemática e Ciencia Tecnoloxía, o de Mellora da Convivencia e Inclusión, o de Prevención do abandono e absentismo e o Plan para a Excelencia Académica, dirixido este a alumnado con maior capacidade, curiosidade ou interese por diversos coñecementos.
Actividades
Outro elemento que caracteriza a vida no IES Valadares é o elevado número de actividades que se desenvolven fóra das aulas, pero que forman parte da educación integral que  buscan para o alumnado. Dentro do plan de mellora da convivencia organizan nos recreos actividades dirixidas coa implicación dos distintos departamentos: competicións deportivas diarias de fútbol, baloncesto, voleibol, bádminton e pimpón; xadrez e outros xogos de mesa na biblioteca… Son tamén numerosas as actividades organizadas polos departamentos para complementar a formación do alumnado. Actividades de teatro, música, museos, conferencias científicas, colaboración de escritores e poetas, xornadas de ciencia e tecnoloxía, plan Vigoeduca do Concello de Vigo, educación viaria e talleres de prevención das drogodependencias coa colaboración do Concello de Vigo e igualdade. Como creen nun ensino que integre ciencias, letras e artes plásticas, deseñaron actividades interdisciplinares que fomentan a creatividade e a curiosidade polo coñecemento. Por iso participan nos programas de mellora citados, montan exposicións de escultura, pintura, fotografía, gravado, arte efémera na natureza, cartelismo, concursos literarios, obradoiros científicos. Obtivemos os proxectos da Consellería de Club de Ciencia e o Club de Letras. A semana previa á Semana Santa organizan unha Semana das Ciencias e das Letras que ocupan integramente con charlas, obradoiros e saídas para todo o alumnado. Consideran estes actos de interese para os rapaces, pois doutro xeito non terían oportunidade de acceder a eles, e constitúen unha porta de entrada á vida académica diferente.  Ao remate dos cursos celebran  un Festival de despedida para 4º no que participa o profesorado, o alumnado e as súas familias., contando tamén con  viaxes de fin de curso.

Te puede interesar