Xornal escolar

Acampada e Festa dos Símbolos organizada por Abertal para 200 rapaces

Preto de 200 rapaces, rapazas e familias de toda Galiia participaron na Festa dos Símbolos.
photo_camera Preto de 200 rapaces, rapazas e familias de toda Galiia participaron na Festa dos Símbolos.

A Alternativa Vaivén da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia,  celebrou unha fin de semana de xogos, natureza e convivencia para os nenos e nenas e as súas familias na zona de Formelos do Montes.

Preto de 200 rapaces, rapazas e familias participaron na Festa dos Símbolos que se celebrou en Vilán (Fornelos de Montes). A Alternativa Vaivén do Centro Xuvenil Abertal, asociación socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, celebrou a pasada fin de semana a Acampada e Festa dos Símbolos. 


Preto 200 rapaces, rapazas desde os 6 a os 14 anos tiveron unha fin de semana de xogos, natureza e convivencia animados por preto de 20 animadoras e animadores . 


ADS, Saltimbanquis e Andainas, como así se fan chamar os tres grupos de idade gozaron de roteiros polos montes da contorna, xogos nas instalacións cedidas polos dominicos, culminando o domingo ao mediodía, coa presencia das familias, nun momento moi especial, a entrega dos símbolos correspondentes a cada un dos grupos de alumnos presentes na actividade organizada por Abertal.


Unha longa noite entretida 
Á vez que os máis pequenos, Saltimbanquis, gozaban dunha actividade nocturna nos xardíns, os medianos achegáronse ao torreiro da festa para facer a súa especial xincana a escuras. Por outra banda, os maiores alongaron a noite co “xogo do camiño”. Unha vez dadas as boas noites, cada quen meteuse no seu saco e na súa tenda de campaña tentando durmir para gozar da mañá seguinte.


Un domingo familiar
Logo do almorzo, dos grandes xogos, dos obradoiros e de recoller toda a intendencia da noite, as familias achegaronse a Vilán, Fornelos do Monte,  para celebrar a “imposición de símbolos”. Eran as 12.00 horas cando algúns pais e nais conseguían atopar o lugar da celebración. 
Aínda que había moitas persoas que participaban por primeira vez, as que xa estiveran noutras ocasións estaban tan ilusionadas como a primeira vez. 


Compromiso galego
Foi un pequeno xesto de compromiso, un momento especial no que se entregan os símbolos e caeron na conta o proceso persoal de cada un. 
A continuación compartiron o xantar preparado por un equipo de pais, xunto con outras especialidades de cada casa.
Nenos e maiores Aproveitaron  a sobremesa para conversar, coñecer de preto ás familias e xogar, o que mellor se lles da.

Te puede interesar