vigo

Turistic, o turismo do futuro: intelixente, sostible e dixital

Carmela Silva na xornada, entre as deputadas Ana Mejías e Laura Iglesias.
photo_camera Carmela Silva na xornada, entre as deputadas Ana Mejías e Laura Iglesias.
A III xornada TurisTIC organizada pola Deputación de Pontevedra, celebrada en formato on line, consolídase como referente no debate sobre a situación actual do sector turístico e a súa recuperación a través do uso das novas tecnoloxías. A xornada, moderada pola xornalista Yolanda Vázquez, foi seguida por máis de 1.100 persoas a través da canle de Youtube e das redes sociais da Deputación. Nunha intensa mañá de intercambio de ideas trazáronse os retos, tendencias e oportunidades de futuro, que pasan por un turismo intelixente no que a sostibilidade será fundamental, e pola dixitalización plena do sector para chegar con máis eficacia ás viaxeiras e ofrecer mellores servizos a través das novas tecnoloxías.
“As administracións debemos ser axentes do cambio a partir das demandas do sector, que representa un 11% do PIB. Hai que escoitalos e apostar por un desenvolvemento turístico intelixente”, explicou na apertura a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen subliñou que a tecnoloxía é hoxe o instrumento fundamental para organizar calquera actividade turística. Silva considera indispensable crear alianzas entre as administracións e o sector.
O presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, cree prioritario “identificar os retos do futuro, no que as TIC serán fundamentais nas nosas vidas”. Pola súa banda, o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, puxo o foco en que o sector turístico debe contar “con independencia tecnolóxica, e non estar en mans das grandes empresas comercializadoras”. A directora de Innovación, Educación e Investimentos da Organización Mundial de Turismo (OMT), Natalia Bayona, fixo fincapé en que “a innovación e a sustentabilidade teñen que estar unidas se queremos un turismo máis impactante”. 

Te puede interesar