PREMIOS DA CULTURA Y MOVIDA

O top da Cultura con 40 anos de marxe

A homenaxe a Movida. No esceario Reixa e Romón, de Resentidos e Rompente, e Julián Hernández.,de Siniestro Total.
Xesús Alonso Montero, Soledad Penalta, Títeres de Kukas, Amancio Prada, “O sabor das margaridas”, Pilar Ponte Patiño, a restauración do Pórtico da Gloria e Galego en Londres foron premiados coa Movida de fondo

 Entre a melancolía e a vangarda uníronse onte no teatro García Barbón. A Consellería de Cultura escolleu Vigo para entregar os máximos galardóns da Xunta neste campo, o Premios da Cultura Galega para recoñecer o valor que tivo a Movida viguesa, cando se cumplen cuarenta anos no seu momento álxido, nos oitenta. Presentou Manquiña, que falou da Movida como "contracultura". E que el mesmo estaba daquela "en Turquía e non en Portugal". Como non foi só música, Antón Reixa (Os Resentidos) e Romón subieron ao escenario como Rompente para declamar textos da Atlántida, a corrente artística que transformou a plástica galega. Literatura e arte súmanse á musica, con Julián Hernández (Siniestro Total) á guitarra.

A artista urbana Lula Goce, de Nigrán, deu unha imaxe contemporánea a todo o revulsivo contemporáneo.
Pero os protagonistas da xornada foron os oito premiados: Xesús Alonso Montero na modalidade de letras (entregou Freixanes; falou 25 minutos e lembrou Díaz Pardo e ata a Antonio Machado); Soledad Penalta na de artes plásticas, entregado por Miguel Santalices; Títeres de Kukas na categoría de artes escénicas; Amancio Prada na de música; serie de televisión “O sabor das margaridas” no apartado de audiovisual, entregado polo conselleiro Román Rodríguez, subtitulada a 30 linguas. Pilar Ponte Patiño estivo moi sentida e emocionada ao recoller o premio da lingua polo seu traballo no IES Pobra do Caramiñal e declarouse "neofalante";. A restauración do Pórtico da Gloria, premio na modalidade de patrimonio cultural e ao programa “Galego en Londres” na de proxección exterior.

A gala supuxo toda unha festa da creatividade galega, cunha representación importante de autores e bandas da contorna viguesa. Así, actuaron artistas tan variados como Tanxugueiras, os alumnos da Escola de Danza Media Punta de Vigo ou o grupo Presumido, que deron mostras do dinamismo cultural. Coa elección da cidade para a celebración da festa grande da Cultura galega, a Xunta homenaxeou a Movida viguesa, pondo o foco no seu carácter transformador, na súa capacidade para proxectar a creatividade de Galicia en todo o mundo e na súa influencia na identidade da terra e dos seus creadores, que queda reflectida nalgúns dos artistas que participarán activamente na gala. O acto rematou con todo o o teatro en pe co Himno Galego. 

AD 7

Feijóo di que no Casco Vello haberá unha sede do CGAC

n n n  Amancio Prada subiu ao escenario, recibiu un premio de Alberto Núñez Feijóo, lembrou os seus país labradores en castelán e galego, falou un rato e cantou a capela. Feijóo rematou o acto: "Todos os pobos precisan referentes en que inspirarse, sentirse orgullosos, capaces de unir a xente diferente, Galicia ten unha chea deles, os primeiros, os nosos clásicos", dixo. Falou dos premiados: "Se alguén non sinte Galicia nos temas de Amancio probablemente non sexa galego; non é fácil definir a Alonso Montero, é clave na Galicia contemporánea". 
Por último, deu unha nova: no Barrio Alto (vella Ferrería) a Xunta abrirá nun edificio cedido un local onde ubicar industrias do mundo creativo e turismo cultura. Chamoulle "barrio creativo". E tamén no Casco Vello haberá unha sede local do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), hoxe en Santiago, para a exposición e a creación de artistas locais. Feijóo indicou que a Xunta manterá a aportación ao Marco. n

Te puede interesar