MARÍA REIMÓNDEZ Escritora, presenta a súa novela “As estacións do lobo”

“Ante o sistema de normalidade da violencia, hai que crear alternativas”

María Reimóndez, coa súa última novela “As estacións do lobo”
photo_camera María Reimóndez, coa súa última novela “As estacións do lobo”
María Reimóndez, escritora afincada en Vigo, presenta esta noite, ás 20:30 horas, no café De Catro a catro unha nova novela do ciclo dos elementos.

“As estacións do lobo”, protagonizada por Clara, súmase a “En vías de extinción” e “Música dos seres vivos” (Terra), así como “Dende o conflicto” e “As cousas que non queremos oír” (Lume). Deste novo título, Reimóndez falou para os lectores de Atlántico.

Tanto no título, coma na distribución da novela, amáis da súa aparición en varios capítulos amosa a importancia que ten o lobo nesta historia, pero que valor ten este animal para a autora?
A parte de todo o que significa na novela, é o meu vínculo ca miña familia paterna que era ancaresa. O proceso de domesticación dun lob é como o proceso de sometimento da muller.
A historia comeza coa protagonista completamente anulada, cando se convirte Clara en vítima?
Eu non a metería na categoría dunha vítima. A novela describe o xeito de sociabilización  que somete ás mulleres e tamén aos homes a uns patróns de xénero.
É unha historia sobre a superación da violencia ou o maltrato machista?
Hai que crear alternativas ante o sistema de normalidade da violencia dende o punto de vista na organización social. O interesante é presentar límites, porque a violencia é o normal, dende o concepto do amor romántico ao maltrato físico.
Clara recupera a súa vida a través do seu amor polos cans. Precísase un motivo para saír do pozo da submisión?
Os cans son unha metáfora do proceso que vive Clara. Reflexiona sobre os afectos a través da relación dos humanos cos animais e coa natureza, un aspecto que xa tratei noutros libros. 
Como parte do ciclo dos elementos, nesta novela reaparecen protagonistas de anteriores títulos. Como xorde a idea desta concatenación?
A idea é crear un ciclo de lectura. Son novelas independentes que en conxunto conforman historias que se van narrando  a outro nivel, creando unha relación entre as mulleres protagonistas que se ve enriquecida. Implícase tamén deste xeito  ás lectoras, que van construindo o relato. Resulta complexo manter vivas ás persoaxes no tempo nunha determinada perspectiva.

Te puede interesar