Atlántico

MONTSERRAT RODRÍGUEZ AUTORA DE “SANTA MARÍA, IGLESÍA-MADRE DE LA CIUDAD”, INVITADA ONTE NO FORO DO INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES

“Santa María é clave na evolución de Vigo, pode coñecerse a historia local a través dela”

  Montserrat Rodríguez (Vigo, 1966) falou onte da importancia que a Concatedral tivo na historia da cidade.
Montserrat Rodríguez, no foro do Instituto de Estudios Vigueses na Emao.
Montserrat Rodríguez, no foro do Instituto de Estudios Vigueses na Emao.
“Santa María é clave na evolución de Vigo, pode coñecerse a historia local a través dela”

Docente no IES Valadares e membro do Instituto de Estudios Vigueses, publicou no 2000 “Santa María. Iglesia-madre de la ciudad”, a petición do entón párroco, José Pereira. Participou no foro do Instituto de Estudios Vigueses co gallo dos 300 anos do derradeiro ataque inglés pola Ría que se cumpren esta semana.

Por que é importante esta efeméride para Santa María?
A partir de 1719, Vigo perde interese como obxecto de ataque e iso leva un cambio na poboación cara a convertirse en cidade. Os ataques ingleses tiñan parte de responsabilidade do estado ruinoso da antiga iglexa de Santa María.
 

Como era o templo do Casco Vello nese momento?
Era oxival, de pranta rectangular, en moi mal estado de conservación e sobre a que xa se falaba dunha renovación. É neste época cando chega o Cristo da Victoria.
 

Que queda daquela construcción?
Queda o altar maior y una escultura de Santiago a cabalo, ambos custodiados no museo diocesano de Tui e tímpano medieval, cunha réplica no dintel de entrada e o orixinal no museo provincial.
 

O edificio actual ocupa o mesmo espazo que o anterior?
Aumentou moito. Pese ao que pensa moita xente, non foi unha reconstrucción. Tiráronse moitas casas da contorna e ampliouse en volumen e superficie, polo que se fixo un aterramento maior.
 

Por que se levanta un templo nesta ubicación?
As primeiras noticias que temos de Santa María son do século XV, aínda que hai alusións a unha pequena igrexa no XII, que dependía do mosteiro de Melón. A súa función é parroquial, dar servizo á poboación baixo a advocación de Santa María. Neste tempo xa dependía do Concello.
 

Que significa Santa María en Vigo?
É un edificio clave na evolución da cidade. É a igrexa-madre, pódese coñecer a historia de Vigo a través da Colexiata e incluso a de Europa.
 

A presenza do Cristo da Victoria marcou a súa imposición fronte ás outras parroquias de Vigo?
Si e non. No século XVIII tiña importancia, pero non era o que máis. Foi gañando favores no século XIX e o cambio radical deuse con Buenaventura Marcó del Pont, que le tiña moita devoción. Encargou a nova igrexa e pagou do seu peto un novo altar.
 

Foi esa devoción a que lle levou a por lle o seu nome a un barco?
Era o barco que dirixía a súa frota. Era corsario e aínda que foi acusado nun principio de afrancesado, coas súas embarcacións abasteceu de armamento e víveres ao pobo na loita da Reconquista. Este papel valeulle a alcaldía vitalicia. Era ademáis conserveiro. Hai unha lenda que lle atribúe a doazón da talla do Cristo. Pero é un personaxe moi enigmático, do que se sabe pouco, de orixe catalán, chegou a Vigo na década dos 60.n