César Morán, ensaísta, poeta e músico, presentou onte o seu libro-disco onde musicaliza catorce poemas do autor

“En resposta a Cunqueiro, digo que haberá primavera”

César Morán, perante a presentación do libro “Haberá primavera”, adicada ao Cunqueiro poeta.
“Cunqueiro é o autor a quen adiquei máis anos da miña carreira; considéroo un escritor excepcional que cando me plantexei facer un novo traballo presentouse como o mellor candidato; aínda máis ao coincidir coa conmemoración do seu centenario”.
Así de contundente xusficou César Morán a elección do poeta para musicalizar os seus versos.
Antes ca el foi Amancio Prada quen se atreveu coa producción do de Monforte, aínda que cunha variante: “Interésame a poesía da súa última etapa, a de ‘Herba aquí e acolᒠe en ‘Mar ó norde’, a que máis influíu nas novas xeracións, a máis complexa, profunda e reflexiva; non toco a trovadoresca porque xa está analizada”. Na mesma, Morán quere reinvidicar o Cunqueiro vanguardista, xa que “poeticamente está encasillado”.
A proposta, editada por Galaxia e presentada onte, consta do libro con catorce poemas de Cunqueiro e dous discos, un coas cantigas e outro coa derradeira entrevista que concedeu Cunqueiro, precisamente a Morán. O resultado son melodías inspiradas nos propios versos, tal e como recoñece o autor: “Nada é doado, e musicalizar estes poemas tampouco; teñen unha estructura irregular; supoño que o segredo está en deixarse levar pola súa propia harmonía, sen ir en contra do ritmo do poema”.
Para finalizar, César Morán fai unha homenaxe a Cunqueiro compoñendo un poema que repasa toda a producción do de Mondoñedo: “Chámolle como o libro porque en resposta do seu epitafio onde quería ser lembrado quen fixo coas súas obras que o galego tivese mil primaveras, eu digo que as haberá”.

Te puede interesar