VIGO

O PSOE di que o Orzamento do Estado é "histórico para Vigo"

As diputadas do PSOE Ángeles Marra e Olga Alonso.
photo_camera As diputadas do PSOE Ángeles Marra e Olga Alonso.
 Os Orzamentosdo Estado para 2021 traen baixo o brazo  un investimento total de 113 millóns de euros para Vigo, cumprindo os compromisos coa cidade. Así o dixeron as dúas deputadas viguesas do PSOE no Congreso, Olga Alonso e Ángeles Marra, que cualifican as contas estatais como “históricas para Vigo” e subliñan que, con todo, o máis importante é que sentan as bases de proxectos estratéxicos de futuro. Olga Alonso destaca que estes Orzamentos deseñan o Vigo dos próximos anos, apuntalando proxectos que tras moito tempo paralizados botan a andar. O exemplo máis claro, incide, é a Variante de Cerdedo para contar cunha conexión ferroviaria directa con Madrid. Alonso lembrou que o ADIF debe agora encargar os estudos hidroxeolóxicos porque o Partido Popular “non moveu un papel dende 2015”. “Imos atrasados porque perdemos moito tempo con Ana Pastor e Mariano Rajoy". Ángeles Marra destacou que trátase duns “Orzamentos extraordinarios para unha situación extraordinaria” e puxo o acento en que recollen o maior gasto social da historia. “Fronte ás políticas do PP, estas contas traen cartos para Sanidade pública, Educación, pensións, dependencia, becas e, por suposto, para o Ingreso Mínimo Vital”. Ao tempo, recalca o cambio que vai supor a gratuidade do tramo da AP-9 Redondela-Vigo, e lembrou que o PP prometeu esta medida en 2017, “pero foi incapaz de pasar das promesas aos feitos”. 

Te puede interesar