Elecciones 12-J

Pontón chama en Moaña a facer historia o 12 de xullo

A candidata Ana Pontón, onte durante o acto en Moaña.
photo_camera A candidata Ana Pontón, onte durante o acto en Moaña.
nnn A candidata á presidencia da Xunta polo BNG, Ana Pontón, aproveitou o mitin de Moaña que tivo lugar onte para facer un chamamento á mobilización masiva de todas as persoas que queren abrir un tempo novo en Galiza e a concentrar esas “ansias de cambio real” no BNG como a mellor alternativa para deixar atrás once anos de retroceso e decadencia legado do PP. Para conseguir ese cambio galego que unha maioría social desexa a receita é dobre: mobilización masiva nas urnas e concentración do voto no BNG.
“Hai que encher as urnas de papeletas do BNG para darlle a Galiza un goberno que se faga valer liderado, por primeira vez na historia deste país, por unha muller e por unha nacionalista”, proclamou, porque só hai dúas opcións sobre a mesa, ou o inmobilismo do PP ou o cambio galego do BNG”, sinalou a candidata do Bloque, poñendo como aval o traballo feito nos concellos de Bueu e Moaña.n

Te puede interesar