Elecciones Municipales 28M

Podemos-Marea queren cambiar o concepto de zonas verdes

Membros de Marea de limpeza.
photo_camera Membros de Marea de limpeza.
Membros da coalición Podemos-Marea de Vigo participaron onte nunha xornada organizada polas veciñanzas do Parque García Picher, unha xornada de reivindicación das superficies arboradas, das zonas verdes da nosa cidade. “Podemos e Marea de Vigo botamos unha man na limpeza deste parque, un parque desatendido, abandonado e que está agora mesmo suxeito a un proxecto urbanístico de modificación substancial, onde será creada unha superficie axardinada”. Afirman que "hai que repensar a estratexia planificación de zonas verdes e de parques e xardíns no Concello". No programa propón iniciativas que van en sintonía coa axenda política de zonas verdes que se están facendo noutras grandes cidades de Europa, “é a substitución paulatina destas zonas axardinadas, que teñen un carácter estritamente ornamental, con plantas de tempada, que teñen un custo de mantemento e un uso dos caudais de rega que provoca un gasto de auga excesivo, por superficie forestal  que dean sombra e permitan atenuar os picos climáticos”.

Te puede interesar