Podemos-Marea apoiará a remunicipalización da auga

Meli Vázquez y Rubén Pérez, durante la presentación de la coalición. // Pedro Iglesias
photo_camera Meli Vázquez y Rubén Pérez, durante la presentación de la coalición. // Pedro Iglesias
A coalición fará da cuestión da remunicipalización e do cambio do sistema tarifario un dos eixos programáticos

A coalición de Podemos e Marea de Vigo urxe rematar xa o actual sistema concesional do abastecemento de auga (prorrogado en numerosas ocasións) e realizar un estudo serio e un calendario que prime a remunicipalización do servizo como aprobou o Concello de Ames. En vez que inaugurar investimentos de Aqualia como a potabilizadora “e que logo pagaremos nos recibos os vigueses o que ten que acometer urxentemente o goberno local é a decisión e estudo rigoroso das posibilidades de remunicipalizar o servizo como xa o teñen abordado concellos como Valladolid ou Tarrasa e agora Ames, con resultados económicos excelentes para as arcas municipais” matizou Rubén Pérez, número 1 nas listas municipais de mayo: Rubén Pérez dixo que pese ao novo sistema tarifario en Vigo que eliminou o bloque de consumo mínimo de 30 metros cúbicos bimensuais, o realmente certo é que os vigueses ”pagan o mesmo e seguimos sufrindo por decisións de Abel Caballero de ampliar a concesión un sistema de xestión do auga e saneamento que nada contracorrente do que está a debaterse en moitos concellos".

Para Podemos e Marea de Vigo, a xestión pública directa está sendo un obxectivo de moitos concellos “para evitar -incidiu Rubén Pérez-  entre outras cousas, “que o sistema de explotación privado sexa un instrumento clientelar de gobernos locais que obteñen dende obras públicas a recursos electoralistas mediante prórrogas concesionais”. Segundo o número 1 da coalición, foi o caso de Vigo, onde a cambio de 5 anos de ampliación do contrato con Aqualia se consignaron 25 millóns de euros para un plan de investimentos, "a meirande parte destinados a actuacións que nada tiñan que ver coa rede de abastecemento, 80% do custe de humanizacións completas, decoracións, subvención de festas parroquiais e outro tipo de superficialidades que nada achegaron á rede de abastecemento e dende logo, non supuxeron o arranxo e mellora da mesma”. A coalición fará da cuestión da remunicipalización e do cambio do sistema tarifario un dos eixos programáticos e de explicación en campaña.

Te puede interesar