Antonio García Teijeiro Premio Nacional de Literatura Xuvenil, presenta libro

“Se nunha poesía non hai reflexión, non interesa; nunca dá respostas, plantexa preguntas”

García Teijeiro, xunto a ilustradora Bea Gregores, onte.
photo_camera García Teijeiro, xunto a ilustradora Bea Gregores, onte.
  “Bicos e non balas” é o novo título de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952), editado por Galaxia e do que o Concello repartirá mil exemplares entre os escolares vigueses.

O alcalde onte, no Concello definíuno como “un autor único, gran escritor, narrador e poeta” con gallo da presentación do poemario, obra da que o autor tamén falou para os lectores de Atlántico.

“Bicos e non balas” levarase ás escolas, pero non é un libro infantil.
É un libro para compartir. Esta poesía ten varias capas de lectura. É unha escolma de poemas de hai 30 anos. Quero levarlle aos nenos a mensaxe que favorecer a paz, non é só estar contra a guerra, tamén contra a violencia. A poesía axuda a facer pedagoxía de convivencia, tal e como defende Xesús Rodríguez Jares, de Educadores pola Paz. 
Nestos versos hai moita carga social, sempre escribe poesía con mensaxe?

Esta poesía ten denuncia social. Primeiro pódese ler a ritmo de copla, pero se se volve aos versos hai outra lectura. Expresan a cultura da non violencia. Ler poesía non é doado, porque non se ensina, a poesía fíltrase a base de ler.
É unha lectura para pensar?
Invito a reflexión. Se nunha poesía non hai algo de reflexión, non me interesa. Nunca dá respostas, plantexa preguntas e contribúe a que o lector se coñeza a si mesmo.
O primeiro poema deste libro é de 1978, recoñécese nos escritos?
Recoñézome perfectamente. Tanto a nivel literario como a nivel temático as composicións seguen vixentes. Iso faime sentir á vez, satisfacción e tristura. Tamén hai dous poemas inéditos.
Se o escrito non é infantil, as ilustracións de Bea Gregores, tampouco. Marcaron algunha liña a seguir?
Non falamos para nada. A verdade é que estou moi contento co seu tratamento, sen ñoñerías. Non quería infantilizar ao neno e nas ilustracións tampouco o fixo.
Como xurdíu esta publicación, foi unha encarga?
Xurdíu dun comentario que me fixeron. Dixéronme que non tiña moita poesía contra a violencia e pensei que era o momento de a reunir. Plantexeillo a Galaxia e aceptou. Logo xurdíu o do Concello.
En que está a traballar agora?
Acaba de saír publicado con Xerais, “Vento, ventiño, venteiro” e estou preparando un novo poemario. Viaxo moito para participar en encontros e dar charlas. Aproveito o tempo dun xubilado da docencia.
Esa axenda viuse afectada ao gañar o Premio Nacional de Literatura Xuvenil en 2017?
Afectoume enormemente. Sempre estiven moi perto da xente, pero o Premio fíxome achergar máis. Resúltame aínda máis difícil dicir que non ao que me propoñen, que son moitas cousas. Cada vez síntome máis achegado e quero axudar aos que traballan en silencio nas escolas. Sempre fun sensible as peticións da xente, pero agora síntome máis obrigado, a ver se pensan que co Premio xa non quero ir.n

Te puede interesar