ana baena. Vigo

Tres netos que claman xustiza polos seus avós represaliados

Alexandre Bóveda, na fotografía coa súa dona, Amalia Álvarez, foi executado o 15 de agosto de 1936 en A Caeira.
photo_camera Alexandre Bóveda, na fotografía coa súa dona, Amalia Álvarez, foi executado o 15 de agosto de 1936 en A Caeira.
Valentín García Bóveda, Anxo Paz e Begoña Caamaño incorpóranse á querela arxentina

 Alexandre Bóveda, Ramiro Paz e Amancio Caamaño foron fusilados no verán de 1936 por ser representantes democráticos, afiliados ao galeguismo ou a partidos de esquerda. Este luns, os seus netos procurarán nos tribunais arxentinos a xustiza que non atopan en España. Coa representación de Avogados Novos de Vigo presentarán a documentación para sumarse á querela arxentina no consulado.
Un dos motivos polos que familia de Alexandre Bóveda (intelectual do Partido Galeguista), todo un símbolo contra a represión, participa nesta iniciativa é dar folgos a outros para o facer, tal e como recoñece o seu neto Valentín García Bóveda, que acompañará a súa nai, Amalia Bóveda Álvarez, na entrega do luns. “De estar viva a miña avoa non sabemos se tería dado o paso, a miña nai pensouno moito, pero un dos motivos que a levou a sumarse foi animar a outras familias, porque aínda hai medo ao que dirán; así están as cousas, os que teríamos que nos gabar dos nosos familiares, calamos”. Para García Bóveda, “a desmemoria é outro tipo de pandemia que nos afecta”. Asume esperanzado este novo paso “tras loitas que nos desgastaron, vemos a luz para a recuperación dos dereitos cun dictamen xudicial sobre o que foi ou a lo menos para que serva de revulsivo”. 
Anxo Paz, o neto de Ramiro Paz (impresor e líder socialista) está disposto a chegar onde sexa polo seu avó, pero tamén polo seu pai, “que morreu sen lograr que se fixera xustiza”. Considera a participación na querela arxentina como “o dereito ao pataleo que non está de máis”. Asegura que o que busca é algo sinxelo “o que recoñecemento de que asasinaron a xente e que os xuízos foron fraudulentos”. Non ten moita confianza na nova lei de Memoria que prepara o Goberno porque sostén “o PSOE non se lembra dos seus mortos”.
Begoña Caamaño Santos reivindica a memoria do su avó. É a neta de Amancio Caamaño (médico e gobernador civil de Pontevedra con Esquerda Republicana, o partido de Manuel Azaña). “Queremos buscar justicia en Argentina porque aquí tenemos una ley de Memoria Histórica que no puso las cosas en su sitio; nuestros abuelos fueron patriotas que defendieron la democracia y aparecieron ante el mundo como traidores”.

              AD67

Amancio Caamaño con Castelao e Maquieira, á dereita, Ramiro Paz, os dous foron fusilados o 12 de agosto do 36.

Te puede interesar