“O monte é fonte económica, pero tamén ecolóxica e social”

Xoán Colazo comparte 112 rutas polo monte galego poñendo en valor a patrimonio natural, cultural e inmaterial.
photo_camera Xoán Colazo comparte 112 rutas polo monte galego poñendo en valor a patrimonio natural, cultural e inmaterial.

Xoán Colazo, sindicalista rural e impulsor da organización dos montes de Mancomún, presentou “Un libro para amar Galiza”

O monte para ser vivido. Esa é a filosofía que agocha a publicación “Un libro para amar Galiza”, onde o vigués Xoán Colazo propón 112 routeiros para ser percorridos a pé. “O monte é unha fonte económica, pero tamén pode ser ecolóxica ou social noutros”. Nun percorrido por todo o país, pateado polo autor, ofrece una visión actual do patrimonio natural de Galicia nunha obra que onte presentou na libraría Cartabón.

“Está bastante mal tratado, nos últimos anos a súa evolución foi cara peor, e á vista está; hai unha presenza excesiva de eucaliptos y cada vez máis de eólicos, sofre un desleixo no coidado patrimonial dos xacementos. Exemplo deste trato é que estamos á cola de Europa na superficie de espazos protexidos”.

Colazo, sindicalista do rural e comuneiro, foi un dos impulsores da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. “O 25 por cento do territorio galego é de Man Común, supón que a metade do monte galego é comunitario". Defende este sistema de xestión colectivo para asegurar un futuro para o rural, asegura. “Moitas comunidades contribúen a posta en valor do patrimonio, no libro recollo algún caso como de Amoedo ou o de Candeán coa recuperación das rutas das mámoas, pero é un sistema moi maltratado polas administracións que defenden outro modelo de monte baseado na explotación capitalista que no fixa poboación no rural, nen deixa beneficios nas poboacións”.

Co seu libro ofrece “unha ferramenta” na que amosa a paraxes achegados como o Monte de Amoedo, en Pazos de Borbén; a carballeira de Coiro en Cangas, un percorrido ao redor de Cíes, polo Couto de Mouros en Gondomar ou polo parque vigués do Vixiador ata itinerarios no Baixo Miño. Son routeiros para ir a pé de dificultade media que se poden realizar nunha xornada.

Te puede interesar