O Mercado da Arte xa é un imprescindible o Día das Letras en Vigo. Como dende hai oito anos, onte, cuadros, libros, artesanía e tecidos tomaron os postos do peixe, da carne e das verzas na praza de abastos do Calvario. A iniciativa de Notodoelpescadoestávendido (Esther e Alba) congregou a máis de 60 propostas nunha edición adicada a Carlos Oroza no centenario do seu nacemento. Así, a editorial Elvira, unha das impulsoras da Asociación Évame, fixo un gran desembarco con escritores e artistas. Houbo proxeccións sobre Oroza, música en directo e actividades infantís nun encontro que se prolongou dez horas.
Buscar
Notificaciones
Secciones
A Fondo
Servicios
Más en Vigo