vigo

Mensaxe con sabor a salitre

José Enrique Pereira, conselleiro delegado de Pereira; Ruy Andrade, responsable de Comunicación de Pereira e o escritor Domingo Villar, coa frase escollida. No fondo, a medianeira onde xa luce.
photo_camera José Enrique Pereira, conselleiro delegado de Pereira; Ruy Andrade, responsable de Comunicación de Pereira e o escritor Domingo Villar, coa frase escollida. No fondo, a medianeira onde xa luce.
Unha frase de Domingo Villar renderá homenaxe o mundo do mar no muro de Pereira
n n n “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa pel como terra seca”, unha frase extraída da noval  “A praia dos afogados” poderase ler perante 2020 na medianeira da empresa Productos do Mar, na avenida de Beiramar. Este ano o escritor convidado foi Domingo Villar, un vigués que toma o relevo de Ledicia Costas. Onte a bordo do “Puente Sabarís”, un dos barcos de Pereira tivo lugar a presentación oficial do lema escollido polos votos dos lectores en redes sociais. “É unha honra para nós que Domingo Villar participe este ano no proxecto, somos seguidores incondicionais das súas obras tan vencelladas ao mar, un mar que é a nosa profesión, pero tamén nosa paixón” asegurou Ruy Andrade, director de Comunicación de Pereira.  O escritor apoiou coa súa presenza a iniciativa. Fíxose fotos coa cartela e asinou exemplares do libro.
Este ano a pancarta fai unha homenaxe máis. Xunto á lenda de Villar aparece a imaxe de Alfonso, un mariñeiro de Panxón, xa falecido que era moi coñecido e querido no sector. “Perfectamente podería ter sido un dos marineros que aparecen no libros de Domingo Villar”, apuntou Andrade, quen expresou o recoñecemento de Pereira á xente do mar “homes e mulleres aos que tanto temos que agradecer por adicar as súas vidas a esta profesión”.
Este é a octava edición do letreiro de Pereira. O 17 de novembro a marca colgou en redes sociais tres frases sacadas de obras de Domingo Villar. A frase gañadora reuníu o 80 por cento dos votos emitidos a través do facebook de Pereira. 
A segunda, “os barcos grandes e pequenos cruzábanse na Ría baixo a vixilancia das gaivotas”, tamén de “A praia do Afogados” recibíu un 12 por cento de votos e “Caldas viu dos barcos pequeiros que regresaban a porto escoltados por unha bandada de gaivotas”, de “O último barco”, obtivo o 8%. “Os nosos clientes e seguidores participan activamente na elección da frase e teñen a última palabra; é unha pancarta colaborativa que conecta e comunica á cidade co artista”, apuntou Ruy Andrade, que engadíu que esta frase invita a quen a vexa a reflexionar sobre a relación de Vigo e o mar, a cidade e a súa Ría.n

Te puede interesar