Vigo

Marea de Vigo quere as competencias en Educación

Xaquín Pastoriza, no encontro de Erguer Estudiantes de Galiza.
photo_camera Xaquín Pastoriza, no encontro de Erguer Estudiantes de Galiza.

Marea de Vigo propón reclamar máis competencias en Educación para os concellos e deste xeito poder adecuar as planificacións a cada realidade concreta. A formación falou onte o Programa Vivo que propón aumentar as bolsas municipais para subvencionar comedores escolares e garantir o acceso de todo o alumnado, así como crear talleres para ofertar nos horarios extraescolares.
 

Segundo manifestou o candidato á Alcaldía da Marea de Vigo, Rubén Pérez, “a Educación é unha peza fundamental para a convivencia e o fomento dunha cultura democrática participativa, xusta e solidaria”. Propón unha programación específica de talleres en horario extraescolar sobre educación viaria, educación ética e social, educación para a cidadanía, educación para a saúde, educación ambiental ou educación sexual.
Piden a ampliación das bolsas municipais para subvencionar os comedores dos colexios.
Pola súa banda, o número tres da Marea de Vigo, Xaquín Pastoriza, quen participou nun encontro organizado por Erguer Estudantes de Galiza,  defendeu unha rede pública de bibiliotecas.

Te puede interesar