Vigo

Marea presentou o seu programa aberto no peche da campaña

Os membros de Marea de Vigo no peche de campaña da formación.
photo_camera Os membros de Marea de Vigo no peche de campaña da formación.

O control democrático do Goberno municipal, as medidas relacionadas coa auga, o apoio ao pequeno comercio de proximidade ou o mantemento do Marco como museo de arte contemporánea son algunhas das propostas máis valoradas. 

As persoas e organizacións que responderon á chamada da formación para a elaboración do Programa Vivo coinciden en reclamar unha maior democraticación da vida municipal e propoñer a descentralización para dar un maior protagonismo a barrios e parroquias a través de xuntas de distrito. A Marea de Vigo quixo facer a presentación do seu programa o último día da campaña para facer visible o seu carácter aberto e participativo ao non tratarse dun documento estático e pechado.
A candidatura da Marea de Vigo recibiu propostas e suxestións a través da web, de encontros coa cidadanía e do contacto directo con organizacións do ámbito social, destacando a asunción por parte da Marea das propostas das ONG de compromiso coa política pública de cooperación e acadar que o 0,4% do Orzamento muncipal sexa destinado para a cooperación. 

Te puede interesar