vigo

O que o mar di, o que o mar dá na Costa Morte en imaxes

Manuel Sendón interpreta a linguaxe do mar a través das crebas que deixa nos arenais da Costa da Morte.
photo_camera Manuel Sendón interpreta a linguaxe do mar a través das crebas que deixa nos arenais da Costa da Morte.
Manuel Sendón presentou “Crebas”, unha mostra de fotografías que inmortaliza o que deixa a oleaxe deitado nos areais
“Non me interesa amosar unha visión descriptiva das crebas, interésanme os pequenos detalles, os elementos que suxiran o imaxinario do colectivo da Costa da Morte”. Así, Manuel Sendón presenta a súa exposición que o xoves abríu, sen inauguración, no Museo do Mar, onde permanecerá ata o 31 de xaneiro.
A instalación recolle dous espazos, un adicado a unhas 30 imaxes de gran formato e outro, unha parede completa, cuberta por unhas 70 micro-fotografías onde se reserva o único carácter documental da proposta.
Pertencen a un ciclo iniciado en 2005 coas fotografías do que o mar vai deixando na praia e éstas corresponden as realizadas en 2014. Entre los elementos recuperados do fondo pola oleaxe atópanse cascallos dun naufraxio de 1927 ou restos de “Casón”, afundido en 1987 e saídos a flote 30 anos despois, moficicados pola estadía que estiveron mergullandos.
“O mar na Costa da Morte é moi bravo, propicia situacións ás veces surrealistas, que varían co paso do tempo; non se trata só de amosar o atopado, senon como se vive no lugar”. Sendón fuxe da representación da Costa da Morte limitada a unha paisaxe bonita para achegarse ao seu imaxinario. “Acontecen sucesos únicos como que o mar se tinxa de laranxa ou que cheguen multicopistas á praia e logo as recollan as mulleres enriba da testa; tamén fun testemuña do champagne francés que pescou un mariñeiro nas súas redes e trocou por un viño galego, que lle gustaba máis”.
O traballo de Sendón faise eco de situacións cómicas xeradas polos agasallos do mar, pero tamén das  tráxicas como os corpos aparecidos en Carnota dos nenos que acabaron no mar tras accidentarse o autobús no que viaxan a Coimbra. “O camisal de auga tirada no mar fai referencia ás vidas que se levou”.
Sendón, natural da Costa da Morte, leva 40 anos vivindo en Vigo e recoñece ter a alma dividida. “O mar é moi diferente e a miña relación coa contorna tamén”, afirma.

Te puede interesar