Máis de 1.700 comercios terán axudas municipais

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, deu conta onte da resolución das axudas directas ao pequeno e mediano comercio de Vigo convocadas pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio.
O nacionalista destacou que tanto o número de solicitudes como o de axudas concedidas duplicaron as cifras do 2’, con 1.741 establecementos beneficiarios na convocatoria de 2010. Nestes dous anos repartíronse 1.200.000 euros entre 2.603 comercios da cidade. Estas axudas directas ao pequeno e mediano comercio creáronse no 2’ para atender a demanda do sector do comercio da cidade e das asociacións de comerciantes co obxectivo de ‘paliar os efectos da crise económica e as dificultades por mor das obras’, apuntou Domínguez. Segundo, o nacionalista, no tocante ás solicitudes presentadas, na convocatoria do ano pasado foron 1.087, mentres que na do 2010 ascenderon a 2.409, máis do dobre que no ano anterior. No tocante aos datos de concesión das axudas, indicou que no 2’ entregáronse 862 e 1.741 en 2010. O tenente de alcalde explicou que as axudas para cada establecemento oscilan entre os 800 euros aos comercios que obtiveron as máximas puntuacións, segundo o baremo establecido, e os 100 euros dos comercios con menor puntuación, tendo en conta o número de empregados e aparticipación en cursos formativos.

Te puede interesar