vigo

“A literatura galega aínda ten pendente a inclusión da linguaxe das redes”

Cándido Paniagua localizou “48 horas” na súa vila natal, Xinzo de Limia.
photo_camera Cándido Paniagua localizou “48 horas” na súa vila natal, Xinzo de Limia.
Cándido Paniagua asinou exemplares da novela “48 horas”

nnn Unha nova xornada da Feira do Libro de Vigo volveu congregar a lectores, escritores e editores, respectando as medidas de seguridade. Estiveron presente a poesía con D´Angelo; a memoria histórica, con Manuel Monge; a revisión artística, con Carlos López Bernárdez e narrativa con Francisco Castro, Xabier Paz e Cándido Paniagua.
Profesor de galego en Vigo, Cándido Paniagua (Xinzo, 1992) asinou exemplares da súa última novela, “48 horas” (edicións Xerais). Esta é o segundo ano consecutivo en que está entre os convidados desta Feira do Libro.

En “48 horas” comeza cun ritmo vertixinoso, é unha estratexia para captar a atención do lector?
Comecei a novela escribindo a historia central, a desaparición. Nunca escribirá para a mocidade e quería que foxe un texto axil e dinámico para ir enganchando na trama.
Supuxo un reto que toda a trama transcorra en dous días?
Para min si. Tendo a me extender moito. Para o público xuvenil todo ten que ser máis rápido.
Contribúe a esa axilidade a combinación da narrativa literaria coa linguaxe das redes?
Si, amais da linguaxe escrita habitual, inclúo mensaxes que se envían a través das novas tecnoloxías por redes sociais ou WhatsApp.
Inflúen no xeito de escribir estos novos métodos de comunicación?
Totalmente, pero a literatura galega aínda ten pendente a inclusión da linguaxe das redes, penso que vai un paso por detrás. Non acaba de enganchar.
Amais da desaparición, “48 horas” ten un compoñente histórico importante, por que a escolla desa localización concreta?
Porque é a miña terra. Eu son de Xinzo e sempre me botan en cara que non escribo nada ambientado alí. O anterior libro estaba centrado en Vigo. A localización xurdíu de xeito natural, un día mentres visitaba as torres de vixía que rodean a lagoa de Antela pensei que podían encaixar.
Coincide coa etiqueta de novela negra?
Móvome moi ben no misterio. Leo moita novela negra e é un denominador común na miña obra. Creo que se atopa no meu estilo. 
No comezo cita unha frase de “A balada dos unicornios” de Ledicia Costas.
Todo o que escribe Ledicia Costas está xenial, pero ese libro contén un montón de frases que dan moito que pensar.n

Te puede interesar