vigo

Ledicia Costas: “Síntome orgullosa dunha cidade que me recoñece e dá voz”

Carlos García-Suárez, Ledicia Costas e Abel Caballero, na entrega do Premio Laxeiro
photo_camera Carlos García-Suárez, Ledicia Costas e Abel Caballero, na entrega do Premio Laxeiro
A Fundación Laxeiro fixo entrega do seu premio á escritora viguesas a quen “as mellores historias son as que lle saen do corazón”
nnn Premio Nacional de Literatura, dúas veces o Lazarillo ou o premio Merlín son algúns dos galardóns que distinguen o labor de Ledicia Costas, que dende onte suma un máis, o Premio Laxeiro. Outogouse “en recoñecemento á súa inestimable achega á renovación xeracional das letras, así como á difusión e internacionalización da cultura galega entre as novas xeracións”, tal e como recolle o fallo do xurado e leu o secretario da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez. “O feito de que unha muller tan nova forme parte dos premiados dan mostra do interese da Fundación por se manter viva no eido da cultura”, afirmou o seu director artístico, Javier P. Buján.
Así, a entrega do galardón tivo lugar onte no NH, durante o comida que ao longo de 24 anos mantivo trala morte do artista o seu costume de reunir a familiares e amigos nun xantar conmemorativo.
“Síntome moi honrada de recibir este galardón e orgullosa de representar esta cidade que me recoñece e me da voz”, afirmou Ledicia Costas, que destacou a importancia de abrirse a influencias alleas, ao tempo que divulgar as propias: “Sempre me inculcaron que a cultura era o primordial para distinguirme”. Recoñeceu que aínda que estaba afeita a escribir sobre as virtudes dos demais, non o sabía facer de si mesma, polo que botou man dun dos seus libros, “Julio Verne e a vida secreta das mulleres planta”, para expresar para ela o que significa a cidade, nunha identificación directa co Premio Laxeiro.
O acto pechouno o alcalde Abel Caballero, en calidade de presidente da Fundación. Felicitou tanto a escritora coma aos seus pais, presentes no xantar. Calificou a xornada como un cruzamento de cretividade, nun “acrisalamento” no que tamén incluíu a victoria do Real Club Celta, obtida apenas unha hora antes en Balaídos.
Caballero anunciou un maior esforzo pola universalización de Laxeiro no 2021 con gallo do seu 25 cabodano. 
Finalizadas as intervencións, continuou a comida baixo espíritu de Laxeiro. Déronse cita, amais da filla, María Cruz Otero, artistas como Antón Pulido, Xavier Magalhães, Din Matamoro, Bosco Caride ou José María Barreiro; filósofos como Avelino Muleiro; xornalistas como Fernando Ramos ou Pepe Cadavedo e tamén políticos como el concelleiro de Cultura, Abel Losada e o seu antecesor, Cayetano Rodríguez ou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Te puede interesar