Homenaxe a Camões en Vigo da familia lusófona

A Praza de Portugal reactivouse coa homenaxe a Camões con Ana Ortiz e Pablo Estévez.
photo_camera A Praza de Portugal reactivouse coa homenaxe a Camões con Ana Ortiz e Pablo Estévez.
Vigo renovou os lazos de irmandade co país veciño no Día de Portugal

Cunha coroa de loureiro homenaxearon onte en Vigo a Luís de Camões no Día de Portugal. Forma parte da reivindicación da irmandade galeg-lusa, organizada pola asociación pola Casa da Lusofonía, en colaboración coa ascoación vecñla do Calvario, o Centro Portugués de Vigo e o Movimento Internacional Lusófono. “A nosa intención ´çe recuperar una tradición moi arraigada na cidade nas décadas dos 60, 70 e 80”, apunta Daniel Lago, voceiro da agrupación que leva tres anos pedindo ao Ministerio de Asuntos Exteriores a creación dunha Casa da Lusofonía, que favoreza as relacións entre estados.

O acto tivo lugar na Praza de Portugal ante a escultura, realizada por Sousa Caldas, de 1934, que contou coa presenza de María Sousa, neta do artista, con Ana Ortiz, delegada da Xunta e Pablo Estévez, dende o Concello. A praza foi adicada ao país veciño co gallo da Exposición Colonial Imperial de Portugal, celebrada en Vigo en 1933 con Martínez Garrido como alcalde.

Te puede interesar