DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Harmonía en galego

A Orquesta Clásica de Vigo deu soporte musical a lectura de "Os escuros soños de Clío".
photo_camera A Orquesta Clásica de Vigo deu soporte musical a lectura de "Os escuros soños de Clío".

A Orquesta Clásica e as Corais da cidade uníronse as homenaxes

n n n A música foi onte tamén protagonista do Día das Letras Galegas con dúas actuación importantes nas que se rendiu homenaxe o escritor Carlos Casares.
A Orquesta Clásica de Vigo celebrou pola súa parte un concerto no que se empregou as obras de Juan Eiras e Magdalena Argibay como soporte sonoro para a lectura de Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Lina Pérez dunha selección de contos de Carlos Casares tomados da súa obra "Os escuros soños de Clío".
Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Lina Pérez porán voz durante o concerto aos contos de Carlos Casares. Este concerto conta coa participación da Fundación Casares.
A Asociación de Corais Polifónicas de Vigo tamén se uniu a homexe celebrando o XII Festival das Letras Galegas. Onte celebrouse a primeira parte coa participación das corais polifónicas do Centro Social de Rivera Atienza, Enarmonía, Santa Clara de Lavadores, María Madre del Buen Pastor-Padres Capuchinos, Vivacce da AECC, Rosalía de Castro do Colexio Médico, Val do Fragoso, Coro de Cámara Rías Baixas, Coro Clásico de Vigo e o Orfeón Rey Rivero (Coral Polifónica Ureca e Coral Polifónica de Valladares).n

Te puede interesar