A representación teatral será a primeira homenaxe dun ano adicado ao escritor mindonense

O Hamlet de Cunqueiro lembra o centenario do seu nacemento

maxe da representación de “Hamlet”, de Sarabela teatro.
Os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro co gallo do centenario do seu nacemento e os trinta anos do seu pasamento comezan esta fin de semana. Así a programación cultural de Novacaixagalicia presenta a obra “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, que será posta en escena por Sarabela Teatro o sábado, ás 20.30 horas, no Centro Cultural.
Os actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro co gallo do centenario do seu nacemento e os trinta anos do seu pasamento comezan esta fin de semana. Así a programación cultural de Novacaixagalicia presenta a obra “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, que será posta en escena por Sarabela Teatro o sábado, ás 20.30 horas, no Centro Cultural.
Ánxeles Cuña Bóveda dirixe a un elenco de actores formado por Josito Porto, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Tito Asorey, Alfredo Rodríguez, Elena Seijo e Fina Calleja, que dan vida a esta peza única do escritor galego.
A compañía ourensá achega un texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito, a xuizo da crítica, ritmo, musicalidade, escritura marabillosa con grandes acertos técnicos, forza dramática e orixinalidade. Unha montaxe cunha teatralidade nova do mal, combinada co uso da ironía e procedementos lúdicos, na que se equilibran as forzas: amor-morte.
Toda a traxedia xira arredor da responsabilidade humana nun mundo en descomposición, unha temática que ten absoluta vixencia na actualidade. Cunqueiro toma este mito do lendario príncipe da Dinamarca do século I, que sería inmortalizado por Shakespeare, e fai del unha reinterpretación propia, mesturándoo co clásico de Edipo e introducindo substanciais variacións para adaptalo á sociedade actual.
As entradas (entre 3 e 10 euros) están á venda en www.servinova.com, no despacho de billetes telefónico 902 504 500 e o día da actuación, no despacho de billetes do teatro.

Ano de Cunqueiro

As actividades do progama “2011, Ano Cunqueiro” comezarán nas rúas da cidade o vindeiro 21 de febreiro. As obras do escritor sairán á vía pública e os seus textos viaxarán nos autobuses vigueses na que pasou boa parte da súa vida. O acto central, no que intervirá Luís Emilio Batallán, terá lugar o 26 de febreiro no Centro Cultural de Novacaixagalicia. Nas actividades colaborará a Asociación do Casco Vello e as lecturas dramatizadas coa Escola Superior de Arte Dramática.
O resto dos meses a programación trasladarase a outras localidades para voltar a Vigo no mes de septembro co Congreso Internacional “Mil e un Cunqueiros”, organizado polo Consello da Cultura Galega e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Como conferencias plenarias están previstas as intervencións de César Antonio Molina, John Rutherford e Méndez Ferrín.
En decembro terá lugar o faladoiro que analizará o Cunqueiro xornalista.

Te puede interesar