vigo

Os gardacostas elevan un 76% as infraccións nas praias

Campaña da Xunta "Non sexas pirata. Á praia vense a gozar".
photo_camera Campaña da Xunta "Non sexas pirata. Á praia vense a gozar".
O Servizo de Gardacostas detectou en xullo un 76% máis de infraccións nas praias galegas.

O ente dependente da Consellería do Mar realizou o mes pasado preto de 150 controis nos areais da comunidade, nos que rexistrou 67 infraccións que atentan contra o traballo do sector marisqueiro. 
As accións da Xunta para concienciar aos turistas de que non extraian marisco das praias para non prexudicar o traballo dos mariscadores segue todo este mes por distintos areais da comunidade coa campaña "Non sexas pirata. Á praia vense a gozar, non a saquear", que se estreou en Miño, na Coruña. 

furtivismo de bañador
Extenderase por 45 areais e 35 municipios galegos co fin de combatir o furtivismo, tanto "o profesional coma o de bañador", indica a Consellería do Mar en referencia as accións cometidas por algúns turistas durante o verán. A súa titular, Rosa Quintana, lembrou que este é un problema "socioeconómico, medioambiental e de saúde" posto que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal supón un risco para o consumidor ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale.

Te puede interesar